Categorías: Actualidade

Patricia Otero sinala que os Orzamentos da Consellería do Mar son “declaracións de intencións sen partidas económicas”

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, criticou hoxe que os orzamentos da Consellería do Mar para o próximo ano sexan “meras declaracións de intencións sen partidas económicas”. Así o dixo na comparecencia da conselleira para dar conta dos orzamentos para 2022, que segundo Otero “presenta na Memoria supostos e obxectivos que non se traducen en partidas orzamentarias”.

Otero reivindicou unha “aposta decidida para axudar ao sector da pesca” de cara á reactivación económica e á recuperación post covid que está ausente das contas presentadas pola Consellería do Mar, que deixa abandonado a un sector tamén afectado polas consecuencias da pandemia. Lembrou a incidencia das limitacións da actividade e os peches da hostalería, que tiveron unha importante repercusión nas contas de resultados do sector.

Sen embargo, esta Consellería “nin respalda nin inclúe unha resposta decidida” para as medidas que anuncia na súa Memoria de Orzamentos, co que “unha cousa é o que din que van facer e outra moi distinta o que poderán facer”. Ademais, alertou da baixa execución dos Orzamentos da Consellería de Pesca, unha práctica “lamentablemente reiterada exercicio tras exercicio” e que lastra o impulso ao sector dende a administración autonómica.

Explicou que dúas partidas fundamentais como deberan ser promoción da Acuicultura e a Regulación de Producións e de Mercados de Pesca, que supoñen o groso do orzamento da Consellería, a metade do ano tan só teñen unha execución de apenas un 9,6 e un 3,6 por cento do gasto previsto, respectivamente.

O mesmo sucede, dixo, cos fondos comunitarios para a Pesca, os coñecidos como FEMP e os próximos FEMPA, dos que a dous anos do remate aínda están sen executar a metade das partidas dispoñibles. Dos 371 millóns de euros destinados a Galicia no FEMP, tan só foron executados 117, co que restan en carteira 152 millóns de euros. Sinalou que neste exercicio volven incorporar os mesmos 89 millóns de euros FEMP que deixaron sen executar nos anos anteriores.

E isto mentres a Consellería segue sen dar conta de cales dos máis de 300 proxectos anunciados pola Xunta para optar a fondos Next Generation EU forman parte do sector do mar, o que “cremos que é enganar á cidadanía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57