Categorías: Actualidade

Patricia Otero reclámalle á Xunta que peche filas co goberno de España para frear a supresión das bonificacións ao gasóleo no sector pesqueiro

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamoulle hoxe á Consellería de Pesca que “traballen cóbado con cóbado” co Ministerio de Pesca para manter as bonificacións ao gasóleo do sector pesqueiro. Otero presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca diante da iniciativa da Organización Mundial do Comercio -OMC- secundada polo Comité Europeo das Rexións –CdR-.

Otero advertiu de que esta medida, enriba da mesa dende hai 20 anos, será tratada nunha xuntanza dos ministros de Comercio na OMC do próximo 15 de xullo, na que a UE estará representada pola Comisión Europea, de cara a acordar un texto para a próxima reunión da OMC prevista para decembro en Xenebra.

Lembra que tanto España como Francia teñen proposto que a Comisión Europea informe da súa posición de cara a coordinar a posición negociadora e presentarse “sen posicións discordantes”, unha postura que foi respaldada pola maioría de países membros da UE. A parlamentaria socialista preguntoulle ao goberno galego “que están a facer” ante a iniciativa da OMC de retirar as axudas, logo de constatar que dende o goberno central “estanse a facer cousas”.

Pesca ilegal

A supresión das axudas, concibida para frear a pesca ilegal, faría inviable a actividade para moitos armadores galegos “cando o noso sector pesqueiro fai unha pesca legal, declarada e regulamentada”. Sinalou que “ten que haber e hai outras medidas para loitar contra a pesca ilegal” á marxe de retirar as axudas aos combustibles que provocaría unha “desvantaxe competitiva fronte a outras nacións co gasoil máis barato e menos control da pesca”.

Na actualidade, o combustible bonificado sitúase a un prezo de 0,45 euros o litro, o que supón o 40 por cento do custe de explotación –ata o 50 por cento no caso dos arrastreiros-, un prezo que se vería duplicado pola retirada das bonificacións. Deste xeito o custe do gasoil podería chegar a supor o 70 por cento do custe de explotación, derivando ademais nunha suba dos prezos do peixe ata ser inaccesible para moitos consumidores.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28