Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Patricia Otero acusa á Xunta de abdicar das súas obrigas ante as eivas e os incumprimentos dos contratos do Plan de Transportes de Galicia

Insta á Xunta a revisar os pregos e as numerosas queixas dos usuarios en vez de terxiversar a realidade e negar o malestar dos usuarios

A deputada socialista Patricia Otero denunciou hoxe que a Xunta está a abdicar á hora de exercer as súas obrigas e competencias ante os reiterados incumprimentos dos contratos por parte das empresas adxudicatarias do servizo público de transporte de Galicia, tanto o regular como o escolar. Por iso, volveu urxir hoxe ao goberno galego a asumir as súa tarefas de inspección e control e, de ser o caso, sancionar ou resolver as adxudicacións que se estean a vulnerar.

Otero alertou desta situación na Comisión 2ª do Parlamento, onde como exemplo deses incumprimentos referiuse á liña entre Ferrol e A Coruña. Neste caso, malia o anuncio do goberno galego de que se ía reforzar o servizo con 11 expedicións a maiores,  “nin sequera se está a facer o número de viaxes mínimas que se contempla no prego”.

Sinalou que deberían ser 66 como mínimo, coa posibilidade dun 10% de incremento a maiores, ata un total de 73. Porén, nos horarios da empresa adxudicataria constan tan só un total de 60 expedicións entre ambas cidades.

Partindo deste exemplo, Patricia Otero demandou que a Xunta deixe de esquivar as súas competencias e que faga que se cumpra o que está adxudicado. Advertiu que, se non se fai así, as empresas poden ofertar o que queiran como melloras xa que nin sequera se lles esixe que asuman o mínimo que se recolle nos pregos.

Patricia Otero tamén evidenciou de novo as constantes e numerosas queixas dos usuarios e usuarias ante as eivas que presenta o Plan de Transportes de Galicia. Neste senso, enumerou atrasos e reducións de frecuencias horarias, supresión de servizos sen previo aviso, falla de publicidade de horarios, falta de prazas nos autobuses ou anuncios de melloras incumpridos.

“Esa situación non é puntual, senón estrutural” e afecta a case todo o territorio. Salientou os problemas detectados nas comarcas de Ferrolterra ou do Eume, así como no Barbanza, a zona de Santiago ou boa parte da provincia de Lugo.

Porén, a deputada socialista lamentou que a Xunta sigue a terxiversar a realidade e a negar as queixas e o malestar. “Como poden dicir que funciona excepcionalmente ben cando o certo é que moitísimos cidadáns todos os días non teñen un servizo público de transporte por estrada que se adecúe nin minimamente ás súas necesidades”, preguntou. “Non soluciona os problemas de mobilidade da cidadanía”, remarcou.

Por iso, instou á Xunta de Galicia a que “deixe de mirar cara outro lado”, que revise as queixas que está a recibir a diario e que recoñeza que existe un problema como primeiro paso para poder solucionalo. Nesta liña, remarcou que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade debe “asumir xa, dunha vez, que as cousas non están a funcionar como eles din, o que constitúe “unha mostra da desconexión que ten con respecto ao malestar que existe na sociedade galega cun Plan de Transporte Público de Galicia que ten demostrado a súa ineficiencia”.

Neste escenario, Patricia Otero reclamoulle á Xunta que “reconsidere e reformule” o Plan de Transportes de Galicia cuxa elaboración e deseño custou máis de 12 millóns de euros, pero “non resolve as necesidades da cidadanía”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02