Categorías: Actualidade

O Parlamento reclama a activación do Plan Camgal de protección das rías fronte ás cinzas

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que active efectivamente o Plan territorial de continxencias por contaminación mariña –Camgal-, para protexer ás rías do efecto das cinzas derivadas dos lumes de outubro.

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, acusou hoxe ao goberno galego de levar 20 días dende os incendios “mentindo sobre a activación do Plan Camgal” e polo tanto poñendo en perigo á produción marisqueira ao renunciar a poñer en marcha as medidas preventivas. Explica que “hoxe constatamos que o dito Plan non ten sido activado polo goberno galego”.

A responsable socialista sinalou que “unicamente sabemos da súa posta en marcha porque a directora de Desenvolvemento así o dixo na Comisión de Pesca” pero, advertiu, trátase dun plan “pantasma”, xa que “non está” formalmente constituído, e “polo tanto non existe” ao carecer de órganos de resposta e de recursos destinados á prevención.

Advertiu que “ninguén coñece o documento público do Plan Camgal”, xa que “descoñecemos o contido do Consello do día 16”, tampouco foi publicado no Decreto de medidas urxentes do 19 de outubro, nos DOG posteriores, na páxina do Intecmar nin na comparecencia de Feijóo no Parlamento.

Engadiu que “non temos ningún coñecemento das medidas concretas adoptadas, nin cales son os órganos de resposta, nin os recursos mobilizados”. Toja explicou que a regulación deste Plan, publicada no decreto 135/2016, determina os óranos de resposta, que inclúen un Centro de Coordinación Operativa, os grupos operativos de resposta, as unidades de apoio e outros.

Vixilancia insuficiente

A parlamentaria socialista sinalou que “non é suficiente con dicir que están vixiando”, e alertou da urxencia de “tomar as medidas que agora son posibles para evitar que as consecuencias destes lumes se multipliquen”.

Advertiu que “é necesario establecer medidas preventivas coa máxima urxencia”, para evitar que as substancias tóxicas cheguen ao mar, onde afectan directamente ao ecosistema produtivo de mariscos e moluscos. Nestes últimos a incidencia resulta especialmente grave, xa que a contaminación prodúcese por filtración, un proceso no que reteñen gran cantidade de materia orgánica.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a tomar as medidas axeitadas para activar o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia, nos litorais afectados, para evitar os riscos potenciais, derivados dos graves incendios ocorridos o 15 de outubro, en concreto as medidas recollidas no artigo 8 e seguintes do Decreto 135/2016 do 6 de outubro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08