Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Paloma Castro urxe ao acondicionamento e mellora das instalacións do xulgado de garda da Coruña para garantir o seu bo funcionamento

A parlamentaria do PSdeG denuncia que as actuais carencias “atentan contra a dignidade de traballadores e usuarios e prexudican a calidade da xustiza”

A vicevoceira do PSdeG no Parlamento de Galicia, Paloma Castro, instou hoxe á Xunta de Galicia a levar a cabo de maneira prioritaria actuacións de acondicionamento e mellora nas instalacións xudiciais onde se desenvolve o servizo de garda da Coruña.

A deputada socialista denunciou que as actuais dependencias “non reúnen as condicións mínimas necesarias para poder levar a cabo a súa tarefa de maneira axeitada e tampouco para garantir un trato digno aos usuarios deste servizo”. En definitiva, apuntou, “atentan contra a dignidade dos traballadores e prexudican a calidade da xustiza, que require duns medios materiais axeitados para o seu bo funcionamento”. Con todo, lamentou que o Partido Popular e o goberno da Xunta non consideren prioritario darlle solución a estas eivas.

Entre elas, Paloma Castro explicou que as instalacións actuais carecen dunha sala de vistas na que, por exemplo, se poidan celebrar xuízos rápidos ou tomar declaracións. Esta circunstancia provoca que teña empregar as dependencias doutro xulgado que, en consecuencia, se ve obrigado a aprazar as súas vistas.

A maiores, esta situación provoca o traslado por todo o edificio dos detidos, o que, por unha banda, implica unha exposición que pode atentar contra o trato digno ao reo e, por outra, un risco para a seguridade dos usuarios, en caso de que se trate dun preso perigoso.

Ademais, Paloma Castro cualificou de “gravísimo” que non exista unha sala de espera nin un aseo para os usuarios, así como tampouco unha sala para que as vítimas de violencia poidan ter unha maior privacidade, un feito que “non podemos consentir”.

Finalmente, a parlamentaria do PSdeG sinalou que os traballadores e traballadoras do xulgado tamén están afectados por estas carencias. Como exemplo, indicou que o letrado ten un despacho sen fiestra ou que o habitáculo que recentemente habilitaron como sala de descanso tampouco ten aseo.

Como solución a estas carencias, Paloma Castro lembrou que as instalacións teñen posibilidades de ampliación. A carón destas dependencias existe unha vivenda que pertence ao xulgado, que no seu día servía de residencia para o xefe de mantemento e que na actualidade está baleira.

Así, avogou por facer unha reforma mínima neste inmoble para habilitar nel unha sala de visitas e varios aseos, así como dúas salas de agarda: unha para os usuarios en xeral e outra reservada para casos de violencia familiar con vítimas menores ou para casos de violencia de xénero.

En calquera caso, Paloma Castro apuntou que, ademais do caso da Coruña, en Galicia seguen a existir moitos xulgados que precisan reformas e acondicionamento. Por iso, esixiu que a Xunta, en virtude das súas competencias na materia, renove aquelas oficinas xudiciais obsoletas, que faga un axeitado mantemento daquelas que se atopan en mellor estado e que se lles doten de medios que garantan a seguridade e a hixiene no traballo.

En definitiva, concluíu, “que os investimentos realizados  nas instalacións xudiciais redunden nunha mellora da calidade do servizo e das condicións laborais de quen desenvolven nelas as súas funcións”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18