Categorías: Actualidade

O PP bloquea a iniciativa socialista para impulsar un proxecto de recuperación da memoria democrática das mulleres galegas

Paloma Castro censura que a Xunta non orzamente “nin un euro” para a recuperación da memoria democrática no proxecto de orzamentos de 2022

O PP bloqueou hoxe a iniciativa socialista para impulsar un proxecto de recuperación da memoria democrática das mulleres galegas. Fíxoo, na Comisión de Xustiza do Parlamento, votando en contra dunha proposición non de lei do Grupo Socialista que busca “visibilizar e recoñecer a represión que sufriron” as mulleres, así como o “papel vertebrador que tiveron na loita pola democracia e a autonomía galega”.

A voceira de Memoria Democrática do Grupo Socialista, Paloma Castro, criticou a falla dunha partida orzamentaria para esta materia no proxecto de orzamentos redactado pola Xunta para o vindeiro ano e, así, censurou a “actitude do PP” cando o PP xoga a “ambigüidade”, dado que, ao tempo que non dedica cartos, elabora un “discurso” no que reivindica para o patrimonio galego as tallas do Mestre Mateo da Catedral ou a Casa Cornide.

De feito, sinalou que, tralos avances que se produciron en España durante o goberno de Zapatero nesta materia co impulso da primeira Lei de Memoria Histórica e dos progresos neste campo tamén en Galicia grazas ás políticas do goberno de Emilio Pérez Touriño cando impulsou, por exemplo, a creación do Consello da Memoria, “coa chegada ao goberno do PP á Xunta en 2009, meteuse todo nun caixón” e agora “non hai partida nos orzamentos para memoria democrática”.

Con todo isto, Castro lembrou que xa o ano pasado o Grupo Socialista emendara os orzamentos “pedindo unha partida de 1.600.000 euros” que o PP rexeitou. Así, avanzou que, este ano, dende o PSdeG “insistiremos novamente” neste asunto, xa que para a construción dunha memoria democrática compartida precísase tanto “vontade política” como “dotar esa vontade de investimento”.

“TEMOS A OBRIGA DE RECUPERAR A HISTORIA CON PERSPECTIVA DE XÉNERO”

“É necesaria unha partida orzamentaria dirixida a facer cumprir en Galicia a Lei de Memoria Democrática, tanto a lei actual como a futura lei de memoria que se atopa no Congreso en fase de tramitación”, sentenciou a socialista. Así, incidiu, “temos a obriga ademais de recuperar a historia con perspectiva de xénero, sen deixar a ninguén atrás”, o cal “é fundamental para visibilizar e reivindicar como suxeitos políticos ás mulleres”.

Neste sentido, sinalou que “non podemos permitir que as nenas e nenos galegos sigan recibindo un coñecemento amputado, un relato histórico incompleto, baseado nun canon cultural que corresponde unicamente aos valores e espazos masculinos e non aos da totalidade da poboación”.

“Non chega só co discurso, hai que tomar medidas”, urxiu a socialista. “A sociedade galega temos un deber de memoria coas persoas que foron perseguidas, encadeadas, torturadas e incluso perderon os seus bens e ata a súa propia vida en defensa da democracia e da liberdade e este deber colle máis forza cando se trata das mulleres: a débeda con elas é histórica porque levan sufrindo o silencio da sociedade todos estes anos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08