Categorías: ActualidadeNovas

Paloma Castro esixe o compromiso da Xunta para garantir a continuidade da planta de tratamento de residuos de Lousame

O Grupo Socialista denuncia o “claro incumprimento” dos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia por parte do goberno galego e lembra que o PSdeG “sempre apostou pola planta de Lousame”

A voceira de Medio Ambiente do grupo Socialista, Paloma Castro, e a deputada Noa Díaz veñen de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para esixirlle ao goberno galego que se comprometa a colaborar no futuro do  Complexo de tratamento de residuos sólidos urbanos (RSU) da ‘Mancomunidade de concellos da Serra do Barbanza’.

Deste xeito, preténdese que a Xunta contribúa a garantir a continuidade da planta tras o fin da súa concesión, previsto para o ano 2023. Ademais, tamén se dá resposta ás demandas suscitadas nun encontro mantido polos e polas representantes do PSdG-PSOE dos Concellos que son membros natos da Mancomunidade Serra do Barbanza (Lousame, Noia, Porto do Son, Muros, Carnota e Brión).

Nesa xuntanza, celebrada en Carnota, definiuse unha folla de traballo para solucionar os graves problemas existentes na xestión desta planta, coa firme vontade de manter o seu funcionamento e os postos de traballo, mantendo a concesión máis alá de 2023.

Así, Paloma Castro lembra que “o PSdG sempre apostou por esta planta, poñendo en valor o emprego que xera na comarca e a reciclaxe en proximidade, menos contaminante que outras plantas que operan en Galicia”. Nesta liña, puxo en valor que na actualidade a taxa de reciclaxe dos municipios asociados a Lousame é de 17 quilos por habitante e por ano, o que supón 5 puntos por riba da taxa galega.

INCUMPRIMENTO DA XUNTA NOS OBXECTIVOS DO PLAN DE XESTIÓN DE RESIDUOS

En contraposición a estas cifras, Paloma Castro denunciou o “ claro incumprimento” por parte do goberno galego dos obxectivos do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galicia (2011-2022).

Ese plan establece entre os seus obxectivos impulsar a xestión de residuos domésticos en Galicia cara a un escenario máis sostible, mediante a creación de 11 plantas de proximidade ao longo de todo o territorio. “A día de hoxe”, alerta a parlamentaria do PSdeG, “so hai 3 proxectadas, e unha funcionando no complexo de SOGAMA”.

Ante esta situación, Paloma Castro sostén que o goberno da Xunta “ten que mudar a súa política negativa e de confrontación fronte a Lousame e colaborar no impulso desta planta para facilitar a súa continuidade”. Desta maneira, conclúe, tamén se avanzará na necesidade de cumprir no ano 2023 as esixencias da UE de acadar o 50% de reciclaxe de materia orgánica.

A PLANTA DE LOUSAME

A planta de tratamento de Lousame comezou a funcionar en setembro do ano 2003. Na actualidade presta servizo a un total de nove municipios 9 cunha poboación duns 80.000 habitantes.

A presidencia desta mancomunidade é rotatoria entre os alcaldes e alcaldesas dos concellos que forman parte dela por período de 1 ano.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57