Categorías: Actualidade

Paloma Castro empraza á Xunta a acordar con Poio o acondicionamento do paseo marítimo e do porto de Covelo, paralizado dende hai 11 anos

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de reclamarlle a Portos de Galicia que cumpra co compromiso acadado co Concello de Poio hai agora 11 anos e leve adiante o acondicionamento do paseo marítimo e do Porto de Covelo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral que presentou na Comisión de Pesca celebrada hoxe no Parlamento na que emprazou ao goberno galego a cumprir “dunha vez” logo de anunciar hoxe de novo a execución do proxecto.

Castro denunciou a xestión “clientelar e caciquil” do goberno galego, ao que acusa de marxinar aos veciños e veciñas de Poio sen unha infraestrutura fundamental para a recuperación do entorno e para garantir as condicións de seguridade viaria. Sinala que o “desleixo” demostrado por Portos de Galicia é “unha tomadura de pelo a tódolos habitantes de Covelo, que vén como todo segue igual 11 anos despois da sinatura dun convenio entre o Concello e o ente autonómico”.

As actuacións de acondicionamento dos peiraos de Raxó e Covelo foron incorporadas aos orzamentos da Xunta de 2009, 2010 e 2011, sen que chegaran a ser executadas agás unha pasarela de 3 metros enriba da praia. Dende aquela “permaneceron mudos”, e no Orzamento para o ano 2021 xa nin aparece, a pesares do compromiso da anterior delegada territorial e o director de Portos co Concello, e a pesares do acordo parlamentario acadado hai dous meses.

Lembra que os proxectos, que contaban coa autorización de Costas do Estado, foron esquecidos nun caixón durante 11 anos de escusas, nos que chegaron a alegar que entorpecerían a instalación dunha nova depuradora que vai ser realizada polo goberno de España, que asumirá o custe da depuradora de Paxariñas.

Paloma Castro esixiulle ao goberno autonómico que peche un acordo co Concello porque “os veciños e as veciñas de Covelo se merecen vivir nunhas condicións de seguridade e poder desfrutar da súa preciosa localidade sen correr ningún risco”. Advirte de que o deterioro actual do entorno resulta “case insostible”, cunha “lamentable situación perigosa e de abandono” para unha localización “tan bonita, con tanto encanto e con tantas posibilidades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08