Categorías: Actualidade

Julio Torrado critica que a Xunta poña en perigo os plans de explotación marisqueira “por non presentar un papel”

Censura a “busca de confrontación constante” por parte da Xunta cando, “con tal de manter un enfrontamento co goberno central, poñen en perigo os plans de explotación deste ano”

O voceiro de Pesca do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de criticar o bloqueo da Xunta e do PP aos plans de explotación marisqueira “por non presentar un papel”. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Pesca do Parlamento, cando o PP votou en contra dun texto conxunto de PSdeG e BNG para instar á Xunta a “facer público” o expediente completo sobre o Plan Xeral de Explotación Marisqueira (PXEM) 2021-2023.

Ante esta situación, Torrado censurou a “busca de confrontación constante” por parte do goberno galego cando, “con tal de manter un enfrontamento co goberno central, poñen en perigo os plans de explotación marisqueira deste ano”. Así, lamentou que a Xunta “crease un problema legal” por non realizar un trámite, o que supón que “están dispostos a causar un prexuízo a cidadanía só por confrontar”.

“Non enfanguen problemas á cidadanía por querer facer unha guerra”, clamou Torrado ante os deputados do Partido Popular.

Con todo isto, o responsable socialista instou á Xunta a “facer público” o expediente completo sobre o PXEM e abrir o diálogo entre administracións coa finalidade de resolver os posibles conflitos de competencias na materia, partindo da retirada “inmediata” do recurso interposto contra a orde pola que se aproba o citado plan.

Ademais, o socialista pediu ao goberno galego que active a Comisión de Transferencias co obxecto de iniciar o procedemento para o traspaso de competencias pendentes a Galicia, nomeadamente e tal e como se acordou polo Pleno do Parlamento do mes de marzo, a xestión do dominio público marítimo-terrestre e a ordenación do sector pesqueiro e de investigación oceanográfica.

Finalmente, o voceiro socialista lembrou que a ordenación dos recursos marisqueiros “é un labor fundamental” para o desenvolvemento da actividade e da que depende un sector “moi relevante” e “unha gran cantidade de persoas”. Así, a responsable desta ordenación, así como dos trámites administrativos que correspondan para desenvolvelo “recae” na Xunta de Galicia, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08