Categorías: Actualidade

Paloma Castro denuncia o incumprimento da lei de memoria histórica por parte da Xunta ao manter simboloxía fascista en Galicia

Sinala o “desleixo” do Executivo galego cando incluso “ten a obriga legal de controlar, instar e multar a quen manteña simboloxía fascista nunha construción privada”

A voceira de Memoria Histórica do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de denunciar o incumprimento da lexislación sobre Memoria Histórica por parte da Xunta ao manter simboloxía fascista en Galicia. Fíxoo, hoxe, despois de presentar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia sobre esta cuestión.

“Non pode ser que 15 anos despois da aprobación da lei de memoria histórica sigan existindo simboloxías fascistas na nosa contorna cando existe unha norma que o prohibe”, sentenciou a socialista, tras defender o “necesario e urxente” cumprimento dun acordo parlamentario do ano 2008 no que se instaba a Xunta a eliminar toda simboloxía fascista e a promover a supresión dos nomes dos edificios que fan referencia a persoas partidarias da ditadura.

A pesares deste acordo e da vixencia da lei, censurou Castro, “moitos símbolos franquistas aínda persisten en fachadas, muros e outros elementos de edificios en Galicia”, o cal “deixa entrever o desleixo do goberno de Feijóo en materia de memoria histórica que elude a súa responsabilidade sobre esta cuestión”, xa que incluso “ten a obriga legal de controlar, instar e multar a quen manteña esta simboloxía nunha construción privada”.

Neste marco, a socialista urxiu ao goberno galego a elaborar un informe técnico onde se relacione toda a simboloxía fascista aínda presente no noso territorio, así como a propiedade destes inmobles, para poder dar cumprimento ao acordo plenario e á lexislación vixente.

Por último, Castro lembrou que a lei, aprobada no ano 2007, buscaba recoñecer e ampliar dereitos e establecer medidas en favor de quen padeceu a persecución ou a violencia durante a guerra civil e a ditadura. “Ademais dunha obriga legal, é unha obriga moral recoñecer a tantas persoas que sufriron a represión”, sentenciou.

Así, o documento establece que as administracións públicas tomarán medidas oportunas para a retirada de escudos, insignias, placas e outros obxectos ou mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura. Entre as medidas a tomar, a normativa prevé mesmo a retirada de subvencións ou axudas públicas a aquelas institucións que non cumpran a lei.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56