Categorías: Actualidade

Paloma Castro acusa á Xunta de “secundar a Ence sen pensar no futuro dos traballadores”

A viceportavoz do Grupo Socialista Paloma Castro criticou hoxe a “actitude” da Xunta con respecto a Ence, “secundando á empresa e pechándose en banda á posibilidade de buscar un plan B dentro da legalidade, que a día de hoxe pasa polo traslado a unha nova ubicación”. A responsable socialista interveu no debate dunha iniciativa neste sentido que tivo lugar no Pleno do Parlamento celebrado hoxe.

Paloma Castro lembrou que o secretario de Estado acadou na última mesa de diálogo o compromiso de que o goberno central asumira o custe dun informe obxectivo para atopar posibles emprazamentos dentro de Pontevedra. Este informe foille encargado á Universidade de Vigo, que ofrecerá as súas conclusións en 3 meses, co que “sácalle as cores ao goberno galego demostrando a súa inacción e a falla de interese para garantir a continuidade da pasteira en Galicia”.

Sinalou que “novamente o goberno de España da mostra da súa vontade de acadar unha solución a este conflito, mentres a Xunta demostra “falla de vontade” para a continuidade da pasteira. Dixo que “Ence ten que quedar aquí, pero cumprindo a Lei”, e emprazou a aproveitar a oportunidade que abren os fondos europeos, “que poderían servir para facer unha fábrica moderna, sostible, que non se limite a ser unha fábrica de papel, senón que acabe o ciclo”.

A responsable socialista presentou unha emenda á proposta para pedirlle á Xunta precisamente que asuma o contido deste informe, ademais de aproveitar as ubicacións para impulsar un gran proxecto industrial do sector forestal galego, estudando ademais accións de rexeneración, restauración e reordenación dos terreos ocupados actualmente pola pasteira. A emenda foi rexeitada durante o debate da iniciativa presentada polo BNG, que sen embargo os socialistas votaron a favor.

Aquela iniciativa dirixíase a encetar a mellora paisaxística e ambiental dos terreos da pasteira antes de coñecer o resultado do proceso xudicial, que declarou ilegal a prórroga concedida á pasteira polo goberno de Rajoy en funcións. Sinalou       que “estamos a favor do que piden, pero antes hai actuacións prioritarias” e emprazou a manter a cautela “porque neste momento temos unha sentenza que no é firme e está sendo obxecto de recurso”.

Despropósito e engano

Castro cualificou de “despropósito” que o goberno galego continúe “enganando e secundando á empresa” cunha estratexia “negacionista para os retos industriais” de Galicia e cunha actuación que “limítase a encargar informes de parte que reafirmen os da empresa, amparándoa sen pensar para nada no futuro dos traballadores”. Reclamoulles que “deixen de enredar e de perder o tempo” e traballen para acadar alternativas viables.

Sinalou que a súa proposta de integrar á pasteira na Autoridade Portuaria de Marín constitúe unha “vía morta” xa explorada en 2005 e rexeitada polo Ministerio de Fomento por ir en contra da Lei de Réxime Económico e Prestación de Servizos nos Portos de Interese Xeral, e que conta con 5 informes negativos. Critica que lle teñan encargado ao Consello Consultivo un “informe a medida” que responde cunha “manobra que constitúe un claro fraude de lei”.

Alertou de que “nos atopamos nunha situación esperpéntica” na que “por primeira vez un sindicato de traballadores branquea a unha empresa que pretende pechar e deixalos na rúa, e que dirixe a presión contra as administracións local e estatal, dispostas a acadar solucións malia carecer de competencias. Sinalou que “mentres tanto amparan á Xunta, a única con competencias en materia de industria pero que “está con toda impunidade a mirar cara outro lado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32