Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena pide “esgotar todas as posibilidades xurídicas” para evitar pagar “un só euro” aos Franco: “É unha cuestión moral”

O vicevoceiro do PSdeG destaca que “hai dous anos ninguén apostaría a que se recuperaría a propiedade sen ter que indemnizar o valor do inmoble á familia”, o que supón “un éxito que se debe á vontade política dun goberno progresista”

Critica que “o único documento” que presentou a Xunta sobre os “famosos” 108 proxectos europeos no Parlamento foron “10 folios en letra grande, que podería redactar un estudante espabilado de primeiro de Económicas”

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, vén de pedir que se “esgoten todas as posibilidades xurídicas” para non pagar nin un só euro á familia Franco”.

“A todos rechíanos pagarlle incluso un céntimo de euro a esta familia e, nese sentido, aínda que o recurso sexa moi difícil ou aínda que non sexa admitido polo Tribunal Supremo, cremos que se hai a máis mínima posibilidade de intentalo, haberá que facelo”, sentenciou.

Así, o responsable socialista subliñou que a decisión de recorrer “que sería técnica en condicións normais, aquí é case unha cuestión moral” e, polo tanto, “hai que ir máis alá das cuestións técnicas” e esgotar todas as posibilidades xurídicas.

“Hai dous anos, cando aínda non se presentara a demanda xudicial pola Avogacía do Estado, absolutamente ninguén apostaría os seus cartos a que se recuperaría a propiedade do Pazo de Meirás sen ter que indemnizar o valor do inmoble á Familia Franco”, aseverou o socialista.

A RECUPERACIÓN DO PAZO, UN “ÉXITO” DO GOBERNO PROGRESISTA DO ESTADO

Así, Arangüena subliñou que “este éxito débese ao compromiso e á firme vontade política dun goberno progresista”, xa que quen presentou a demanda para a recuperación do ben foi a Avogacía do Estado e, con posterioridade, as outras administracións adheríronse á citada demanda.

“Se fose pola Xunta de Feijóo, o pazo seguiría en mans dos Franco porque en 11 anos de goberno, o único que fixo espontaneamente o goberno galego con respecto a Meirás foi chegar a un acordo coa Fundación Franco para que o abrise 4 días o mes, logo de que o goberno bipartito de Emilio Pérez Touriño o declarase BIC”, sinalou o socialista, quen criticou que, grazas a este acordo, “o que fixo a Fundación Francio foi exaltar a figura do ditador”.

Doutra banda, o responsable socialista pediu que se prioricen os usos do pazo relacionados coa reivindicación da memoria democrática, xa que a Xunta de Galicia, “coa escusa do legado de Emilia Pardo Bazán”,  trata de “minimizar” o que debe ser o cometido principal do pazo: “explicar, difundir e reivindicar a memoria histórica e democrática, que é o que faría calquera democracia avanzada”.

COMISIÓN DE REACTIVACIÓN

En canto á Comisión de Reactivación, Arangüena amosou a súa “preocupación” cando “ante unha ocasión histórica e irrepetible para modernizar a nosa economía e a nosa sociedade” a través dos fondos europeos Next Generation, “non percibimos que a Xunta estea facendo os deberes” logo dun ano de pandemia.

“Non temos máis información dos famosos 108 proxectos que o que lemos nos periódicos, que son especulacións, sen contido nin plan nin forma definida”, sinalou. Así, lamentou que “o único documento concreto que se presentou sobre os proxectos na comisión foi un texto que, se lle quitamos o índice e a portada, son 10 folios en letra grande que podería redactar un estudante espabilado de primeiro de Económicas”, o que supón unha “auténtica tomadura de pelo”.

Finalmente, o responsable socialista sinalou que “Galicia se xoga moito cos fondos europeos”, polo que instou ao goberno galego a “facer precisamente a política industrial que non fixo nos últimos 11 anos: atraer capital de fóra, mobilizar aos empresarios do país, buscar sinerxías e establecer alianzas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13