Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena esíxelle á Xunta moito maior compromiso económico para A Coruña e a súa área metropolitana

O vicesecretario xeral do PSdeG lémbralle a Feijóo que a política industrial e de promoción económica son competencias exclusivas da Xunta de Galicia, aínda que non as exercera nos últimos 12 anos.
“Está ben que o señor Feijóo se dea un paseo pola Coruña e saque unha foto de vez en cando pero o seu compromiso con esta cidade nos últimos anos foi  directamentente inexistente, tanto a nivel de infraestruturas como de política económica e industrial”

A Coruña, 29 de marzo de 2021 | O vicesecretario xeral dos socialistas galegos, Pablo Aranguena,  reclamou hoxe en rolda de prensa un maior compromiso económico para A Coruña e a súa área metropolitana. “Ante a maior crise económica das nosas vidas, que vai ter e está tendo xa un fondo impacto social, A Coruña e a súa área metropolitana necesitan moito maior compromiso económico por parte da Xunta de Galicia. Un compromiso que non exisitiu nos últimos dez anos.”

Pablo Arangüena lembrou que A Coruña e a súa área metropolitana concentran unha gran parte do valor engadido bruto e do emprego de Galicia e ten unha enorme importancia para o conxunto de Galicia. “Na gran recesión dos anos 2008 e 2009 ese polo de dinamismo viuse afectado no seu tecido produtivo, unha situación que se prolongou durante toda a pasada década e que deixou polo camino a todo o sector financiero.” Citou a perda de grandes empresas como Fadesa ou Caramelo, empresas que se desvincularon da Coruña como a antiga Fenosa, ou o caso das que tenden a deslocalizarse como está pasando con R, e outras que pecharon recentemente como Isidro de la Cal ou ISOWAT e una longa relación de pemes.

“A crise económica asociada ao impacto da actual pandemia cunha caída do PIB sen precedentes desde a guerra civil vai xerar con toda probabilidade a perda de máis empresas e un incremento significativo do desemprego que anda xa na cidade no entorno do 17%, e iso que se manteñen os ERTES en moitas en empresas.” recalcou o vicevoceiro do PSdeG no Parlamento, ao tempo que lembrou que según a Cámara de Comercio da Coruña a mediados do ano pasado, antes incluso de coñecer que habería una segunda e terceiras ondas da pandemia, o  impacto desta crise xeraría a perda de 16.000 postos de traballo e de 5.700 millóns de facturación na área da Coruña.

UN PLAN DE CHOQUE PARA A CORUÑA

Arangüena enfatizou que “a política industrial e de promoción económica son competencias exclusivas da Xunta de Galicia aínda que non as exerceu nos últimos 12 anos” e por iso é necesario una resposta á altura das circunstancias. “Presentamos no Parlamento de Galicia una serie de iniciativas para pedirlle á Xunta un plan de choque para a reactivación económica da área coruñesa, con un plan que inclúa a diagnose das posibilidades económicas en cooperación e diálogo coas entidades representativas do empresariado, as administracións locais, sindicatos e universidades.” Un plan que inclúa a presentación de proxectos radicados na área coruñesa para optar aos fondos NextGeneration” como resposta extraodinaria e sen precedentes ante a crise de maior envergadura, unha oportunidade única e irrepetible pero que “estase xestionando pola Xunta desde o oscurantismo e a opacidade, e moito nos tememos que tamén desde a improvisación.”

BAILE DE CIFRAS COS PROXECTOS TRACTORES

O vicesecretario xeral enfatizou que a día de hoxe non se saben  máis que vaguedades e cifras sen concreción nin credibilidade. “Comezaron dicindo que había 8 proxectos, 15 días despois eran 108, recentemente o señor Feijóo dixo no Parlamento que xa presentaran 44 e o xoves pasado, nun Consello da Xunta dixo que son 354 dos cales, 247 son das administración e 107 serían os das empresas, aínda que non sabemos en que consisten”. “Un baile de cifras sen rigor, sen seriedade, e sen a mínima transparecencia que debería presidir un proceso no que todos nos xogamos moito” insistiu.

Por iso, además de pedir un plan de choque para a primeira área económica de Galicia, os socialistas piden tamén información sobre que proxectos se van a presentar e en que consisten porque “a día de hoxe non sabemos nada despois dun ano de pandemia. No Parlamento de Galicia, presentouse un powerpoint de 10 folios cheos de vaquedades e non sabemos máis que o que lemos nos xornais”

“Está ben que o señor Feijóo se dea un paseo pola Coruña e se saque unha foto de vez en cando pero o seu compromiso con esta cidade, nos últimos anos foi directamentente inexistente, tanto a nivel de infraestruturas como de política económica e industrial.”

Tamén fixo un repaso sobre  “os fiascos” da Xunta na cidade herculina, como Hércules de Armamento “que en cinco anos non moveu un tornillo na fábrica de Armas, e tivo que vir un goberno progresista  a rescatar esa concesión e impulsar a futura cidade das TIC”  ou os fiascos das promesas de Feijóo na precampaña das autonómicas do 2012 como PEMEX que “o señor Feijóo dixo que ía montar un centro loxístico para toda Europa en Punta Langosteira ou  Beijing 3E, o grupo chino que ía instalarse tamén en Punta Langosteira e nunca máis se soubo nada del”

XESTIÓN NEFASTA DO PORTO DA CORUÑA

Pablo Arangüena tamén sinalou que a Xunta de Galicia controla o consello de administración da Autoridade Portuaria e designa o seu presidente e “aínda que agardamos moito éxito ao señor Fernández Prado como novo presidente”, considerou nefasta a xestión na última década do señor Losada. “O porto da Coruña caeu un 11% en tráfico na última década e despareceu dos rankings internacionais mentres o conxunto do sistema portuario español crecía un 20%”

“Así que vai facer falta moito máis que a propaganda do señor Feijóo para sacar o porto adiante. O ferrocarril é necesario pero fai falta xestión, e esa xestión foi nefasta durante os últimos dez anos” dixo o vicesecretario xeral do PSdeG.

Para rematar, recalcou que na área metropolitana da Coruña precísase moito máis  compromiso da política económica da Xunta de Galicia, un compromiso que nos últimos 10 anos non existiu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20