Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena cualifica os Orzamentos de Medio Ambiente de “ecopostureo”

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, cualificou a política medioambiental da Xunta de “ecopostureo e propaganda verde”, a tradución galega do termo británico “greenwashing”. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Medioambiente, Territorio e Vivenda, na que criticou a “desidia da Xunta en materia medioambiental”.

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, advertiu de que no conxunto deste departamento, os orzamentos caen 207 millóns de euros con respecto a 2009, unha caída “drástica”, cando só polo incremento da inflación deberan ser un 17 por cento superiores.

Criticou o “desprezo pola lexislación vixente” en materia medioambiental, que “incumpren dende hai unha década”. Referiuse tanto á falla de instrumentos reguladores nos parques naturais, sinaldamente nas Fragas do Eume, como pola falla de protección das especies ameazadas, con plans de recuperación para só 3 das 75 especies en perigo de extinción de Galicia.

O goberno galego continúa negándose “incomprensiblemente” a cumprir ademais a proposta de Resolución aprobada en 2019 para declarar a emerxencia climática, situándose “á cola de España en materia medioambiental”. Mentres, engadiu, o goberno galego enche a boca, dixo, vendendo un “fermosismo” e unha “Galicia verde” que “se limita á que efectivamente vivimos nunha terra fermosa pero desprotexida, e verde pola cor dos eucaliptos”.

O responsable socialista sinalou que o orzamento da Xunta en materia medioambiental continúa “moi lonxe dos 295 millóns de euros” do último orzamento do goberno presidido polo socialista Emilio Pérez Touriño. As contas para o próximo ano quedan nuns escasos 219 millóns de euros, lonxe tamén do aumento do 142 por cento dos Orzamentos do Ministerio para a Transición Ecolóxica en 2021, deixando á Xunta “descolgada da aposta europea polo medio ambiente”.

Lembrou que Galicia é a día de hoxe a comunidade autónoma do Estado con menor superficie dedicada á Rede Natura, apenas un 12 por cento, moi por debaixo da media estatal do 27 por cento. Lembrou que Galicia está “a moita distancia” da seguinte autonomía, o País Vasco, que ten un 20 por cento da superficie dedicada á Rede Natura.

Cualificou ademais de “falsa” a cifra do 42 por cento do espazo protexido que deu hoxe a conselleira, xa que inclúe as reservas da Biosfera que son unha figura sen ningún tipo de réxime protector ou restrición de uso”.

Vivenda

Arangüena cualificou de “montaxe propagandística” a suposta nova aposta pola vivenda que está a anunciar a Xunta logo de que na pasada Lexislatura, dixo, “construíran menos de 30 vivendas protexidas en Galicia”. A realidade é que a política de vivenda do goberno galego “practicamente non existe”, deixando orfa a boa parte da poboación que ten unha “enorme necesidade” por acceder á residencia nunha autonomía que ten 300.000 vivendas baleiras, a taxa máis alta do Estado.

O responsable socialista apuntou que as cifras ofrecidas hoxe pola conselleira, que falou de “milleiros” de vivendas públicas dende 2009, “en todo caso serían enormemente inferiores aos datos dunha soa Lexislatura presidida por Emilio Pérez Touriño”. Entre 2005 e 2009, lembrou, o goberno puxo no mercado 10.000 vivendas protexidas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13