Categorías: Actualidade

Pablo Arangüena critica a “escasísima ambición e opacidade” nos proxectos mediomabientais da Xunta para optar aos fondos de Recuperación

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, lamentou hoxe a “escasísima ambición e opacidade” demostrada pola Consellería de Medio Ambiente nos apenas 10 proxectos que ten anunciado como aspirantes aos fondos Next Generation de recuperación. Arangüena presentou unha pregunta oral en Comisión na que lamentou que a Xunta tan só aspire a 122 millóns de euros dos 1.470 que lle corresponderían para a transición ecolóxica en Galicia.

O responsable socialista sinalou que a falla de ambición e de información por parte do Executivo é unha “unha nova mostra da política medioambiental da Xunta de Galicia, marcada polo ecobranqueo, un orzamento moi baixo e tolerancia e permisividade ante as agresións ao medio, que chocan frontalmente co espírito dos tempos e coa axenda verde española e europea”.

Advirte que os fondos ascenden a 70.000 millóns nunha primeira fase, 25.900 dos cales corresponderían á transición ecolóxica, cos que Galicia debera concorrer co resto das autonomías “baseándose nun deseño ambicioso”. Cuantitativamente, aplicando o peso de Galicia no PIB e a poboación do Estado, esta Comunidade Autónoma debera poder optar a 1.470 millóns para transición ecolóxica.

Estas cifras converten en “manifestamente insuficientes” os 122 millóns de euros aos que aspira a Consellería, que ademais foron escollidos a través dun proceso de selección “revestido de opacidade” ao ter sido establecido “sen deliberación cos axentes sociais, outras administracións ou á cidadanía”. Advirte de que “a transición ecolóxica non é opcional, senón inevitable, e Galicia debe actuar para aproveitar as vantaxes dun proceso que vai producirse en todo caso”.

Censura que ata o momento a súa actuación se teña caracterizado pola “inercia” e “resumida no ecopostureo – greenwashing”, amparando un proceso de eucaliptización acelerada e destrución de bosque autóctono sen parangón, reflexións do nivel do curmán de Rajoy sobre o cambio climático, advertencias da UE polo incumprimento dos obxectivos da directiva marco das augas, requerimentos de protección da rede natura e unha reciclaxe tres veces inferior á esixencia da UE.

Rematou lembrando o destino dos dous últimos conselleiros de Medio Ambiente do goberno galego, Carlos del Álamo e Beatriz Mato, colocados en Ence e GreenAlia, respectivamente, no que cualificou de “dous auténticos exemplos de portazos xiratorios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57