Categorías: Actualidade

Os socialistas consolidan a posición como “cabeza da oposición” a Feijóo no Parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, amosou hoxe a súa satisfacción pola reorganización do Parlamento derivada da creación do Grupo Mixto, que “evidencia que os socialistas galegos somos a cabeza da oposición a Feijóo en Galicia”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que ultimou a nova organización de tempos e espazos nos órganos parlamentarios, e fixou a Orde do Día do Pleno da próxima semana.

Fernández Leiceaga advertiu que a nova situación, con cinco grupos parlamentarios, en realidade “non nos afecta directamente”, pero si que consolida o papel dos socialistas galegos, o único grupo que manterá a sesión de control ao presidente da Xunta en tódalas sesións plenarias. Ademais os socialistas terán a mesma ubicación na ala esquerda do Salón de Plenos e idéntico número de representantes nas Comisións parlamentarias.

O responsable socialista será o encargado de presentar a pregunta ao presidente do Grupo Socialista na próxima sesión plenaria, na que se centrará en preguntarlle a Feijóo pola “insuficiente” Lei de Demografía que vén de presentar no último Consello da Xunta. Os socialistas galegos presentarán ademais unha moción para reclamar o compromiso do goberno galego para aplicar a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo “sen restricións nin pensamentos ocultos”.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para estender a iniciativa de limpeza de fondos mariños do Parque Natural das Illas Atlánticas a outras áreas fora da zona protexida, e complementalo ademais con actividades educativas. Tamén presentarán unha proposición non de Lei para axilizar o “colapso” do servizo de Patrimonio Cultural, obrigado a atender “demasiados expedientes” paralizando as actuacións urbanísticas en inmobles protexidos.

Fernández Leiceaga anunciou unha interpelación para reclamarlle ao goberno galego “dilixencia” á hora de aplicar os fondos dirixidos á prevención do abandono escolar, logo de que o ano pasado unha modificación orzamentaria sobrevida lles retirara unha terceira parte das contías, co que os niveis de fracaso escolar atópanse “por riba do que unha sociedade madura debe permitir”.

Finalmente, o Grupo Socialista presentará unha pregunta oral sobre a situación de contaminación pola alga cicrocistys no Encoro da Baxa, en Caldas de Reis, reiterada tódolos veráns pola suba das temperaturas. Rematarán o Pleno preguntándolle á conselleira do Medio rural polo bloqueo do pagamento dos fondos procedentes do Plan de Desenvolvemento Rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13