Categorías: Actualidade

O peche do paritorio de Verín, unha “salvaxada que atenta contra o dereito a unha sanidade pública de calidade”

A parlamentaria socialista Noela Blanco cualificou hoxe de “salvaxada” o peche do paritorio de Verín, que incluirá ademais a supresión da figura do pediatra de garda. No debate dunha pregunta en Comisión sobre os déficits de persoal no servizo de Medicina Interna do CHUOU, presentou a “lista de agravios interminables” a que está sometida a sanidade pública na provincia de Ourense.

A deputada criticou o peche do paritorio do Hospital Comarcal de Verín, que cualificou de “auténtica salvaxada que atenta contra os dereitos das mulleres, pero tamén dos dereitos de todas e todos de ter unha sanidade pública de calidade”. Blanco apuntou ao xerente de sanidade en Ourense, quen “lonxe de rectificar anuncia que vai seguir retallando sen ningún tipo de pudor”.

A responsable socialista alertou fronte ás declaracións do dito alto cargo, que apuntou que “se a situación segue igual, os partos atenderíanse en Vigo”. Advertiu que “unha muller da Gudiña que hoxe pode parir en Verín, a 32 quilómetros, a partir de decembro terá que ir a Ourense a 104 quilómetros e é probable que dentro dun tempo teña que desprazarse a Vigo, a 195 quilómetros”, e todo iso “despois de reformar o paritorio de Verín en 2017”.

Así o dixo no debate dunha pregunta sobre a “alarmante situación” da Unidade de Medicina Interna do CHUOU, onde o persoal leva “anos” denunciando “a impotencia para a prestación de coidados en condicións de seguridade e calidade”. Lembrou que, coa unificación de servizos do ano 2017, “perdéronse 4 profesionais, 2 enfermeiras e 2 auxiliares”, provocando un “contraste entre a innovación nas instalacións e unhas condicións de hospitalización do século pasado”.

A deputada socialista levou ao Parlamento as queixas do persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, que inclúen “faltas continuas de medicación e materiais, falta de comunicación e de organización de traballo por non ter directrices claras”. Esta situación provoca situacións como “a falta de limpeza na quenda de noite” que chegou a provocar “o baleirado de cubos de lixo nas habitacións pola falta de persoal”.

Outro foco de preocupación é o mal funcionamento do servizo de lavandeiría, o cal leva anos privatizado “e que supón que a roupa se leve a León para o seu tratamento” o cal é motivo de denuncia por parte dos represenatntes da comisión de centro do CHOU. Engadiu ademais as fallas estruturais nos inmobles, derivadas da “falla de investimentos nos traballos de mantemento e de remodelación das instalacións”.

Blanco resumiu hoxe a “lista de agravios interminable” da sanidade ourensá, que pasa pola supresión do servizo de Cirurxía Pediátrica 24H, a eliminación dunha praza de médico en Rubiá, de enfermeiro en Toén, ou que non se repoña a radiodiagnose de Celanova, despois de meses co equipo avariado. Lembrou que “seguimos sen ter Hemodinámica 24 horas”, que sigan sen abrir a nova cociña do CHUOU ou os “continuos agravios” do Hospital de Valdeorras.

A parlamentaria socialista advertiu que “a situación demográfica na que se atopa Ourense ten responsables claros”, e sinalou á falla dun servicio sanitario de calidade, que “non conduce a outra cousa que non sexa a perda de poboación”. Sinalou que “vostedes son un dos motores do despoboamento” pola supresión de servizos, que sumado á perda da taxa de actividade deriva na perda de poboación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18