Categorías: Uncategorized

Os senadores Fernández Leiceaga e Antonio Vázquez manteñen un encontro coa alcaldesa de Bergondo para analizar as necesidades de infraestruturas do Concello

O coordinador da Interparlamentaria do PSdeG e senador Xoaquín Fernández Leiceaga, e o tamén senador por A Coruña Antonio Vázquez, mantiveron hoxe unha xuntanza coa alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez, para analizar as necesidades de infraestruturas do Concello que afectan ao goberno de España.

Analizaron neste encontro a execución dunha nova rotonda prevista para a N-VI ao paso por Betanzos, unha actuación co proxecto xa realizado e que “necesitaría dun impulso para a súa execución”, sinala Fernández Leiceaga. Tamén analizaron a necesidade de reforma da liña de ferrocarril entre Ferrol e A Coruña ao paso pola localidade coruñesa.

Os dous senadores e a alcaldesa traballaron tamén sobre a posibilidade que abren os fondos Next Generation EU para o concellos, sinaladamente para o impulso á dixitalización, as axudas á rehabilitación de edificios e a transición enerxética.

Fernández Leiceaga e Antonio Vázquez mantiveron este encontro dentro dunha ronda de visitas que comezou onte coa visita á localidade veciña de Betanzos, onde se reuniron coa alcaldesa, a tamén socialista María Barral.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18