Categorías: Actualidade

Os orzamentos do Goberno constatan o retraso do AVE ata 2025

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, confirmou hoxe o retraso do AVE a Galicia cando menos ata 2025. Esta é a data que figura oficialmente no anexo de investimentos aos Orzamentos Xerais enviado polo goberno ao Congreso retrasando a conexión Olmedo – Lubián – Ourense ata aquela data, lonxe do compromiso de Feijóo e o goberno, que o situaron en 2020.

O responsable socialista denunciou o “xogo de trileiros” protagonizado polo presidente da Xunta e o Ministerio de Fomento, que volven poñer esta data logo de que nos orzamentos de 2017 sucedera algo semellante. Daquela o proxecto fixaba o remate da liña en 2024, pero unha emenda parlamentaria adiantouno ata 2020, o que non foi suficiente para que este ano volveran a retrasar o remate das obras, pero desta vola ata 2025.

Sinalou que o retraso deriva da construción da Variante de Ourense, que está prevista para 2024 e que condiciona o resto da conexión. Explicou ademais que unha obra destas características precisa a lo menos de 6 anos para a súa execución completa, e sinalou que “co paso dun ano, a finalización prevista das obras retrasouse tamén un ano, o que demostra que pouco se fixo para avanzar”.

Fernández Leiceaga apelou ao goberno galego a desenvolver unha “estratexia” para conseguir “que chegue canto antes”, e urxiu á licitación do tramo Seixalbo – Ourense, con proxecto aprobado xa dende o goberno socialista.

Anunciou que os socialistas galegos iniciarán unha ofensiva parlamentaria “para que o Goberno galego teña que definirse” sobre este retraso e sobre as iniciativas para acelerar a execución da obra.

Candidatura de Feijóo

O portavoz socialista advertiu hoxe que a candidatura de Feijóo para suceder e Rajoy estalle saíndo “cara” a Galicia ao centrarse en demostrarse como colaborador co PP estatal e supeditar o seu “rédito interno” á defensa dos intereses de Galicia. Puxo como exemplo o trato de Galicia nas infraestruturas estatais ou a submisión demostrada polo goberno galego aos acordos orzamentarios co PNV.

Así o dixo logo que esta fin de semana o portavoz do Grupo Popular no Parlamento situara a Feijóo con “cualidades e opcións” como candidato á Moncloa. Fernández Leiceaga apuntou que a insistencia de Feijóo en negarse a competir mentres o seu entorno “lanza proclamas” no sentido contrario responde a unha estratexia de “posicionarse canto antes” como sucesor.

Sinalou que este posicionamento xurde precisamente coincidindo coa convención do PP, que esta fin de semana amosouse “noqueado” e incapaz de reaccionar fronte ao “espectáculo” do Máster de outra das candidatas á sucesión, a presidenta de Madrid, Cristina Cifuentes, que “en calquera outro momento sería pasado”.

Plusmarquista da ética

Dixo ademais que “quen se presentou como plusmarquista da ética aparece hoxe como colaboradora directa coa fraude deste Máster”. Fernández Leiceaga ironizou tamén co papel de Ciudadanos, que “preséntase como auxiliar médico para darlle osíxeno a un competidor noqueado, a ver se pode derrotalo máis adiante por KO técnico”.

O portavoz socialista reclamou “depurar responsabilidades” co proceso de “doazón e regalo dun Master a quen non o fixo, coa colaboración do ámbito académico”. Amosou a súa “sorpresa e preocupación por unha situación está provocando un “dano grave” á Universidade, que en realidade posúe un “procedemento absolutamente regulado” e con garantías tanto para os másteres como para os Traballos Fin de Grao.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08