Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero critica que Feijóo siga apoiando a Cifuentes “pola súa promoción dentro do PP” e esíxelle defender “a exemplaridade política”

O secretario xeral do PSdeG presidiu este luns a primeira xuntanza da executiva que se desenvolve fóra da sede do PSdeG en Santiago, na que exerceu como anfitrión o alcalde de Ames

Ames, 9 de abril de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou este luns que Feijóo teña decidido manter o seu apoio a Cristina Cifuentes, cando “xa ninguén en toda España” cre a súa versión sobre o master, pensando unicamente “na súa promoción dentro do PP”. “Estase esquecendo da exemplaridade pública”, advertiu.

Neste senso, o líder dos socialistas galegos instou a Feijóo a abandonar “os seus cálculos aritméticos para intentar loitar pola sucesión de Rajoy” e a poñerse do lado “da defensa da transparencia e da calidade da universidade pública”. “Queremos que lidere a rexeneración e a loita contra a corrupción que o PP non está asumindo”, esixiu, antes de reclamar a Feijóo que “rectifique” as súas palabras de que “cre que Cifuentes non está a mentir”.

Así o dixo Gonzalo Caballero en declaracións aos medios trala primeira reunión “itinerante” da Comisión Executiva Nacional Galega que este mesmo luns tivo lugar en Ames, e despois de coñecer que ata Ciudadanos ten demandado a dimisión da presidenta madrileña polas “evidentes irregularidades” no caso do master.

Con todo, o secretario xeral do PSdeG non obviou “o cinismo que está mantendo en cuestións de rexeneración política” o partido que lidera Albert Rivera en conivencia cos populares. “Hai unha realiñación das forzas conservadoras para xerar unha burbulla laranxa coa que o PP poida ter un bastón e gobernar distintos territorios”, reprobou.

O GOBERNO DE AMES, “UNHA REFERENCIA”

No que atinxe á primeira destas executivas “itinerantes”, Gonzalo Caballero explicou que comezan nun concello gobernado por un socialista, José Miñones, quen ademais forma parte do órgano de dirección do PSdeG como secretario executivo de Política Municipal.

Deste xeito, como sinalou, a directiva dos socialistas amplía o seu contacto coa militancia e cos concelleiros e cargos públicos do partido nos distintos territorios.

No caso de Ames, o líder do PSdeG destacou que o goberno local é “unha referencia” pola súa política social e pola “estabilidade” que aporta ao concello. “Estamos moi orgullosos do traballo que se está facendo”, valorou.

EMENDAS AOS ORZAMENTOS ESTATAIS

Ademais, na reunión da Comisión Executiva Nacional Galega abordáronse as emendas que os deputados socialistas presentarán aos orzamentos do Estado no Congreso para acadar un nivel de inversión “digno” en Galicia.

No caso de Ames, José Miñones lamentou o “esquecemento” das infraestruturas no seu concello pese ao “compromiso” de Fomento en relación á estrada N-550. “Non aparece nada”, criticou do proxecto de orzamentos.

Por tanto, agradeceu que a executiva aprobara introducir unha emenda para demandar a rotonda de entrada das Galanas para desviar o tráfico pesado, a rotonda en altura xa orzamentada no pasado e o estudo dunha nova variante.

Nesta reunión da executiva, que estivo precedida dun encontro de Gonzalo Caballero co equipo de dirección do partido a nivel local, participou tamén Guillermo Meijón, o deputado socialista encargado dos orzamentos no Congreso.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41