Categorías: Actualidade

Os Orzamentos da Xunta, moi por detrás das necesidades de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe que os Orzamentos da Xunta para 2020 “van moi por detrás das necesidades” en materia de Política Social. Así, sinalou que as afirmacións de Feijóo sobre o apartado social das contas teñen “truco” ao obviar o deterioro da sanidade, sinaladamente a atención primaria ou as listas de espera, así como os retrasos na Dependencia ou nas residencias.

En realidade, dixo, o esforzo do goberno galego en materia de persoal pon á sanidade ao nivel de 31 de decembro de 2018, apenas hai un ano, mentres agocha “maquillaxe contable” ao contar como orzamento asistencial do Sergas 32 millóns de euros que en realidade forman parte do Fondo de Continxencia.

Fernández Leiceaga advertiu que as contas do goberno galego para o próximo ano “desenténdense da política industrial”, cunha redución xeneralizada nas partidas máis importantes logo de demostrarse incapaz de executar os orzamentos previstos en anos anteriores. Resumiu así que a súa “falla de atención ao nivel de execución” dos orzamentos deriva na redución das contías previstas para 2020.

É o caso das partidas destinadas a fomento do emprego estable e de calidade, ou ás partidas de I+D+i, que orzamentan un gasto de 57 millóns de euros pero deixan outros 124 millóns de créditos non comprometidos, que “a día de hoxe non saben para que son”. O mesmo sucede, dixo, coas partidas para desenvolvemento rural e empresarial.

Criticou que o goberno galego veña reducindo as partidas que máis poderían axudar ao tecido económico e industrial en pleno contexto de dificultades económicas previstas polo Brexit, a guerra arancelaria entre Estados Unidos e China, ou o endurecemento transición industrial fixada pola UE.

Rebaixas fiscais

O portavoz socialista advertiu que a rebaixa fiscal anunciada por Feijóo tan só beneficia ás grandes fortunas e “non chegan ao cidadán medio”, como sucedeu no ano pasado ao reducir o imposto de Sucesións e Doazóns para as maiores rendas e volve suceder neste exercicio no imposto de Patrimonio. Explicou que o goberno galego incrementa o limiar por herdanzas exentas dende os 400.000 ao millón de euros por herdeiro.

Fernández Leiceaga explicou que os orzamentos do goberno galego “en vez de combater a desigualdade, en realidade a incrementan pola súa política fiscal”, mentres deixan sen executar importantes partidas que deberan estar destinadas á creación de emprego estable. Acusou á Xunta de permitir a “exportación de traballo cualificado” mentres o aforro galego é exportado a través de intermediarios financeiros ou en forma de participacións na bolsa de valores.

Dixo que a Xunta de Galicia leva dez anos “mantendo o tipo” a duras penas nos servizos básicos entre 2010 e 2020, mentres reduce 700 millóns en gastos de capital, os destinados a incrementar a produtividade, que “se manteñen polas transferencias externas”, tanto do Estado como de fondos comunitarios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06