Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: Criterios obxectivos na Deputación de A Coruña Vs “caciquismo” no reparto de fondos da Xunta con criterios políticos

A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo comparou hoxe a xestión “con criterios obxectivos” da Deputación de A Coruña coa “falla de transparencia” e reparto subxectivo de axudas por parte do goberno galego. Así o dixo na comparecencia do presidente da Deputación de A Coruña, que presentou as contas da entidade que preside diante do Parlamento.

A responsable socialista situou ao organismo provincial como “exemplo de xestión adaptada á actualidade, na que os alcaldes non teñen que acudir como pedigüeños para facer as súas reivindicacións, como nos teñen afeito na Xunta de Galicia”. Explicou que os 93 concellos da provincia son tratados “con equidade e transparencia” atendendo ás súas necesidades “en base a criterios obxectivos”.

Do outro lado, dixo, a Xunta “entende que os alcaldes teñen que acudir ao despacho dun xestor público para solicitar recursos, que lles son concedidos segundo a necesidade e urxencia que considera a Xunta de Galicia”. Por iso, dixo, “resulta que a Xunta repartiu un mínimo de 63 millóns de euros que en 9 de cada 10 casos foron entregados a concellos do PP”, mentres “lexislan para que os concellos asuman competencias pero sen darlles orzamentos para desenvolvelas”.

A Deputación de A Coruña, dixo, “atende ás necesidades dos concellos do século XXI cunha administración do século XXI, prestando servizos man con man cos concellos” e atendendo ás súas “xustas reivindicacións”. En contra do criterio do goberno galego, engadiu, a colaboración da Deputación fundaméntase “en base a criterios obxectivos previamente coñecidos e publicados, nos que a cor política non é o criterio para o reparto de axudas”.

Chegan ao punto, dixo, de afrontar competencias propias da Xunta para destinar 10 millóns de euros a axudas á empregabilidade en 93 concellos, mentres o goberno galego deixa sen executar 266,4 millóns para impulso do emprego en toda Galicia. Sinala que malia o desleixo da Xunta, o emprego é un dos problemas máis importantes do país, ata o punto que de acordo coa EPA do terceiro trimestre, Galicia perdeu 50.500 ocupados dende 2009 e ten 143.500 parados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18