Categorías: Actualidade

A TVG quita a cobertura electoral do “prime time” porque ten que darlle máis tempo a Gonzalo Caballero que a Feijóo

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG, Noela Blanco, acusou hoxe ao presidente do ente público de “apartar” a cobertura electoral dos horarios de máxima audiencia porque “están obrigados a darlle máis tempo ao PSdeG que ao PP” despois das eleccións de maio nas que os socialistas foron primeira forza.

Blanco criticou a “burda manipulación informativa”, da TVG, que desprazan a pegada de carteis que abre a campaña electoral á TVG2, para que “non se vexa a intervención de Gonzalo Caballero antes que a de Feijóo na televisión de tódolos galegos e galegas”. Ademais, dixo, unha vez máis volverán emitir o debate electoral ás 10,00 da mañá, ademais de renunciar a emitir o debate electoral entre os principais candidatos que ofrece a Academia.

A responsable socialista lamentou que “desta vez nin sequera fixeron o paripé de reunirse cos partidos políticos para comunicarlles a cobertura electoral”. Acusounos de buscar que “cantos menos se decaten de que hai eleccións, mellor, porque á dereita non lle interesa que haxa unha participación elevada” e os responsables da TVG “meten con funil o que mandan dende San Caetano”.

Noela Blanco fixo estas declaracións na súa intervención na Comisión da CRVG, na que presentou unha pregunta oral pola polémica decisión da Radio Galega de incluír á ex Valedora do Pobo dende o pasado 19 de setembro, no espazo Faladoiro, do programa Galicia por Diante. A responsable socialista cuestionou a “boa reputación social” e a suposta labor “de calidade” da que presume a Radio Galega.

Lembrou que Milagros Otero dimitiu como Valedora do Pobo o pasado 23 de xullo, catro meses despois de que o Tribunal Supremo ratificara a súa condena por “arbitrariedade” e “devío de poder” ao nomear á sobriña do ex presidente Fraga e irmá do portavoz do Grupo Parlamentario do PP nun posto da institución.

Debates políticos dende Madrid

A parlamentaria socialista presentou hoxe ademais unha pregunta oral pola decisión da TVG de emitir un debate político dende Madrid, cando “hai moio poucos debates na CRTVG, e cando os hai son en horas moi afastadas da audiencia, ou na TVG2 e sen debate”. Criticou así que escollan “contertulios unilaterais que non confrontan opinións, senón que repiten o mesmo argumento para darse a razón entre eles mesmos e para dárllela a Feijóo”.

O novo formato, dixo, “lémbranos máis a un remake dunha película de Paco Martínez Soria que a unha televisión de calidade e innovadora”, e que cualificou de “cosmopaletismo de primeiro nivel” que non é acompañado polas audiencias, pasando do 1,5 por cento do primeiro día a un 0,2, 0,3 e 0,9, respectivamente. Esta é a resposta dos espectadores, dixo, á estratexia da TVG de “non falar do que acontece en Galicia, senón de reforzar a mensaxe do PP contra Pedro Sánchez”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41