Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: A Xunta só executou 200.000 euros dos 8 millóns anuais de transferencais do Pacto contra a Violencia de Xénero

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, denunciou hoxe o desinterese do goberno galego coa loita contra a violencia machista. Na comparecencia en Comisión do conselleiro de Presidencia para presentar os Orzamentos do seu departamento para 2020, acusouno de basear o incremento orzamentario nas aportacións do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero que despois deixan sen executar.

A parlamentaria socialista presentou os datos de execución orzamentaria a 30 de setembro, nos que figura que a Consellería tan só executou 200.000 euros dos algo máis de 8 millóns que lle aporta o Estado neste concepto. Sinalou que “chama a atención esta baixa execución cando esta administración ten manifestado durante meses os plans e medidas que tiña previsto levar a cabo” e esixiulle as previsións de gasto para os 16 millóns acumulados entre 2018 e 2019.

Vilán cualificou de “francamente ridículo” un incremento previsto de pouco máis de 160.000 euros no programa de Protección e Apoio das mulleres que sofren violencia de xénero, apenas un 1,19 por enriba do pasado ano, moi por debaixo do incremento dos orzamentos da Consellería, que se sitúa no 4,38 por cento.

Sen embargo, criticou que a Xunta lle dedique “cero euros” do Orzamento ás accións, programas e campañas para impulsar a participación, a concienciación e a sensibilización de toda a sociedade en conceptos como igualdade, dignidade e respecto do colectivo LGTBI.

Memoria Histórica

A responsable socialista denunciou hoxe o “desleixo crónico” do PP coa Lei de Memoria Histórica, totalmente “ausente dos Orzamentos da Consellería de Presidencia” nos que “non lle dedica un só euro”. Lembrou a obriga do goberno galego de cumprir coa norma para restaurar na medida do posible unha inxustiza cos familiares das vítimas do Franquismo.

Vilán criticou tamén o retraso na execución do Plan de Infraestruturas Xudiciais 2015-2020, que continúa acumulando retrasos a pesares de ir xa cinco anos por detrás da data prevista. Criticou que o persoal da Xustiza en Galicia sexan os únicos funcionarios que aínda non viron o incremento do IPC galego, e lembrou o compromiso de implantar a carreira profesional para este persoal, acadado logo da folga da Xustiza convocada o pasado ano.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13