Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: A Xunta fracasa no impulso do crecemento económico, a diminución das desigualdades e a creación de emprego en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou que os Orzamentos da Xunta para 2020 “fracasan nos principais retos do impulso do crecemento económico, a diminución das desigualdades e a creación de emprego en Galicia”. Interveu no debate de Totalidade dos Orzamentos do Parlamento, que os socialistas rexeitaron por insistir en fórmulas “regresivas e ineficaces” logo de 10 anos de recortes.

O portavoz socialista puntualizou que “logo de seis anos de crecemento económico ininterrompido no Estado, a Xunta é incapaz de facer o esforzo necesario para soster os elementos necesarios do Estado do Benestar, deixando ao descuberto os ocos de 10 anos de recortes”. Insistiu na necesidade de “adoptar outro tipo de medidas máis ambiciosas e importantes que as contempladas no Proxecto de Lei de Orzamentos para 2020”.

Criticou que a meses das eleccións, e a pesares de romper co seu discurso de déficit cero e empregar a décima de endebedamento autorizada, “incorrendo nun déficit similar ao de 2019, de 68 millóns de euros”, o goberno galego “véndenos unha lei baleira”. Acusounos de “pretender substituír con cosmética as medidas de fondo necesarias para enfrontar a regresión demográfica ou a agudización dos desequilibros territoriais”.

Fernández Leiceaga situou así ao emprego como o “primeiro grande fracaso” da xestión de Feijóo, que “na súa previsión macroeconómica prométenos seguir fracasando”, cando Galicia crea “moitos menos postos de traballo que en España”. Criticou así a “deficiente execución das políticas de emprego”, como demostra que no Exercicio 2018 executaran tan só o 51 por cento dos fondos para Mellora e Fomento da Empregabilidade e o 45 por cento de Formación para o Emprego.

Ademais, dixo, o goberno galego fracasa á hora de captar investimento privado, co que a súa actuación limítase a “seguir o crecemento de España, mentres exportamos traballo cualificado e capital galego”. Resumiu que o goberno galego é incapaz de incrementar o emprego nin a produtividade, facendo imposible gañar competitividade e polo tanto impulsar as exportacións a outros mercados.

Apuntou a unha “política industrial con máis sombras que luces”, situando a Galicia no posto 197 sobre 268 territorios europeos, 16 menos que hai tres anos, e ocupando a décima posición de tódalas comunidades autónomas españolas. Apuntou ás deficiencias no nivel superior de ensino, a eficiencia no mercado de traballo, o tamaño do mercado, a I+D ou as infraestruturas, factores que dependen do goberno galego e “penalizan a capacidade de Galicia para competir”.

Finalmente, subliñou a “clamorosa dimisión da Xunta de Galicia en materia de infraestruturas”, cando aínda mantén o Plan Move nun nivel de execución do 30 por cento. Lembrou que aquel plan, aprobado en 2010, pretendía mobilizar 2.600 millóns de euros en infraestruturas titularidade da Xunta antes de 2015. Mentres, dixo, a conselleira do ramo “ocupada na crítica ao goberno central e non ten tempo para a xestión”.

Censurou que “abronca aos que fan e non acepta críticas polo que non fai”, co que reduce os investimentos en infraestruturas en 56 millóns para o próximo ano. Demóstrase así incapaz de rematar as actuacións propias nas Vías de Altas Prestacións Tui – A Garda ou A Ramallosa – A Estrada, mentres asume como propias as estacións intermodais financiadas maioritariamente con fondos europeos e transferencias da administración central e municipal.

Estado do Benestar

Fernández Leiceaga cualifica como “moi insuficiente” o “reforzamento necesario” das políticas do Estado do Benestar, provocando un “problema serio en políticas de vivenda competencia exclusiva da Xunta de Galicia”. Apuntou que o balance resulta “dramaticamente pobre” deixando de executar 100 millóns entre 2014 e 2017, e pasando de 2.000 vivendas protexidas iniciadas en 2009 a apenas 9 entre 2016 e 2017.

Sinalou que a política “pode resumirse no abandono dos incentivos, parálise total na promoción directa de vivendas”. Ademais, engadiu, da incapacidade demostrada para cubrir a demanda de 13.453 familias solicitantes para unha oferta máxima de 100 vivendas nesta Lexislatura, “un desequilibro que avergoña”, mentres os alugueres continúan subindo e “a mocidade atopa máis dificultades para emanciparse”.

O portavoz socialista criticou ademais á “insuficiente, tardía e pouco fiable rectificación sanitaria” do goberno galego, que carece de recursos e medios ás propostas acordadas cos responsables da sanidade pública, que pasan por establecer un máximo de consultas, melloras laborais e planificar o relevo xeracional. Advertiu que os Orzamentos para o próximo ano conclúen que lle teñen “tomado o pelo ás organizacións sindicais ou profesionais”.

Os Orzamentos, dixo, van “moi por detrás das necesidades en materia de Política Social”, obviando o “deterioro na sanidade, sinaladamente na Atención Primaria ou as listas de espera, así como os retrasos na atención á Dependencia ou na execución de Residencias de Maiores”.

Política tributaria regresiva

O portavoz socialista acusou á Xunta de “insistir” nunha política tributaria “regresiva e ineficaz”, demostrando unha previsión de ingresos “excesivamente ambiciosa sobre os ingresos alleos pero restritiva nos propios, que pon en risco a necesaria acción sobre as partidas básicas do Estado do Benestar e compromete o futuro do sistema público. Denunciou unha “política de márketing fiscal e de redución substancial da progresividade”.

Así, criticou os anuncios sobre a redución de tipos do imposto de Patrimonio, que só afecta a uns miles de contribuíntes de maior riqueza, e o incremento substancial das bonificacións en Sucesións, deseñado para beneficiar tamén ás maiores fortunas e que “afecta negativamente á progresividade do conxunto do sistema tributario sen efectos sobre o ritmo de crecemento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08