Categorías: Actualidade

Orzamentos 2020: A Xunta deixa 368 millóns de euros orzamentados sen executar no que vai de Lexislatura

A portavoz de Orzamentos do Grupo Socialista, Teresa Porritt, cualificou de “fraude parlamentaria” as contas da Xunta para o próximo ano, que reduciu a “mera propaganda” polas modificacións orzamentarias e a falla de execución. Porritt defendeu as 75 emendas que presentou o Grupo Socialista ao articulado no debate en Comisión de hoxe, previo ao trámite final en Pleno, das que só foron aprobadas dúas e outra delas transaccionada.

Porritt denunciou que o goberno galego converte o debate de Orzamentos en “mera publicidade” ao “pintar” iniciativas que despois quedan no caixón, ata o punto de que no que vai de Lexislatura deixaron sen executar máis de 368 millóns de euros. Explicou que as emendas do Grupo Socialista incluían propostas para frear as modificacións orzamentarias e cumprir coa Lei de Transparencia e esixindo un informe motivando da súa necesidade que debera ser remitido ao Parlamento.

A responsable socialista criticou que os Orzamentos da Xunta presentan “unha visión optimista e pouco realista da sociedade e da economía de Galicia”, cun proxecto “continuísta que non da resposta aos problemas” dos galegos e das galegas. Desmentiu que reforcen os gastos en Sanidade, Educación e Servizos Sociais, senón que estes “non son suficientes nin idóneos”.

Explicou que a realidade da xestión de Feijóo e do PP no goberno galego é que logo de 10 anos hai 1 millón de galegos e de galegas en risco de pobreza, nunha Comunidade Autónoma que ten 97.000 habitantes menos, 45.000 fogares con tódolos seus membros en paro, 27.400 sen ingresos e ata 57.000 ocupados menos.

Sinalou que as contas do goberno galego inciden nun “modelo tributario regresivo que renuncia a recursos propios”, que demostra unha “escasa potencia recadatoria” ademais dunha “política fiscal regresiva que incrementa as desigualdades”. Explicou que os orzamentos incorporan unha emenda transaccionada cos socialistas para habilitar o incremento das contas coa décima adicional de endebedamento permitida no acordo sobre estabilidade orzamentaria aprobada polo CPFF.

O Grupo Socialista presentou unha serie de emendas para recuperar o emprego público de calidade como requisito para restaurar a calidade dos servizos públicos. Os Orzamentos incorporan unha emenda socialista que foi aprobada hoxe para que a consellería de Facenda faga efectivos os aumentos retributivos habilitados pola normativa básica estatal.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28