Categorías: Actualidade

Orzamentos 2019: Esquecemento, desamparo e maltrato ao rural

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Raúl Fernández, cualificou hoxe os orzamentos da Consellería de Medio Rural de “insuficientes” e que consolidan o “esquecemento, desamparo e maltrato ao rural”, desmentindo o “slogan” da “Lexislatura do Rural”, que anuncia Feijóo. Así o dixo na comparecencia do conselleiro para presentar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.

Fernández acusou ao conselleiro de aplicar uns orzamentos “de servizo mínimos”, que “aplicados ao rural significa que o goberno só pon á súa disposición a posibilidade paliativa de respiración asistida”. A suba do 4,2 por cento das contas de Medio Rural resulta, dixo, “insuficiente”, ademais de que “impide o impulso que necesita o conxunto de Galicia e restrinxe as posibilidades da Consellería para abordar políticas activas que revitalicen o Medio Rural”.

Sinalou que “os feitos demostran que a aposta de Feijóo polo rural tan só é un bluff, un slogan baleiro de contido”, e que non fan máis que “constatar o engano ao territorio rural e aos seus habitantes”. Censurou a “intencionalidade malévola” para “conseguir o seu apoio electoral a custe cero” mentres se mantén nunha “parafernalia de clara desconsideración ao rural”.

Algo semellante sucede no apartado de prevención e extinción de incendios, onde “perseveran no erro” de centrarse nun modelo de loita contra o lume “xa sobradamente demostrado que é máis caro e menos eficaz”. Ao “primar a extinción en detrimento da prevención”, explicou, “persisten nunhas políticas de contrastada incapacidade diante dunha vaga de lumes”, e reivindicou como resposta óptima a loita contra o lume “antes de que este se produza”.

Sector lácteo

Raúl Fernández advertiu da “falla dunha estratexia propia e diferenciada para un prolongado tempo de inseguridade no sector”, xa que “as cifras dedicadas á promoción do sector lácteo son insignificantes, e o peche de explotacións mantén unha evolución negativa”. Desmentiu a a euforia do goberno galego por supostas novas incorporacións que “en realidade son meros cambios de titularidade”.

Advertiu que “a situación do sector lácteo non está para que o goberno lance foguetes, e os tempos que se aveciñan tampouco invitan a ser optimistas” senón que, máis alá, “estes orzamentos invitan ao pesimismo no sector lácteo”.

Sinalou tamén que “non se percibe unha aposta decidida e con soporte orzamentario” a favor da mobilidade de terras, un requisito imprescindible “para pasar da vontade aos feitos” cando, puntualizou, “carece de pontes orzamentarias que conecten a vontade cos feitos en mobilidade de terras”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57