Categorías: Actualidade

O teito de gasto da Xunta revela un proxecto falto de ambición, proxecto e determinación

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe a “falta de ambición” no teito de gasto aprobado hoxe no Parlamento polo PP co voto en contra dos socialistas galegos. O responsable socialista criticou a escasa previsión de creación de emprego logo da renuncia a 138 millóns de euros adicionais de endebedamento autorizados por Bruxelas.

Fernández Leiceaga advertiu que o proxecto do PP carece de “proxecto e determinación” para consolidar unha recuperación económica máis xusta cara un modelo de Estado do Benestar “máis amplo e con eficiencia para non sobrecargar aos cidadáns”. Fronte a este esquema, propio de Suecia ou Francia, o goberno galego achégase a “aqueles países cos estados do Benestar máis furados, con menos competencias e un modelo impositivo menos xusto”.

O portavoz socialista defendeu un modelo centrado en reforzar os investimentos e os proxectos produtivos, co obxectivo de crear un emprego de calidade máis consistente. Sen embargo, Galicia “dende que comezou a crise destruíu máis emprego e coa recuperación creou menos”, situándose por debaixo das taxas de creación de emprego do Estado.

De acordo coa previsión do goberno galego, ademais, “din que crearán 14.000 empregos o ano que vén –cunha creación de emprego do 1,4 por cento-, bastante menos que a media española, moi lonxe das cifras felices de creación de 100.000 empregos en catro anos que prometía o presidente da Xunta”.

Lamentou a renuncia expresa do goberno galego a adoptar a marxe adicional de déficit autorizada por Bruxelas, que suporía 138 millóns de euros adicionais “suficientes para impulsar o I+D+i ou as estradas pendentes do Plan Move”. Alertou ademais da previsión de tributos propios do goberno galego, que aproveita os ingresos adicioanis puntuais polo aumento das herdanzas en vida pero esquecendo que “recortan a recadación no futuro”.

Fernández Leiceaga negou a redución fiscal anunciada polo goberno galego, que “baixa os impostos en base á baixa dos tipos impositivos, pero agochan que o incremento do valor das propiedades -polas revisións catastrais- suporá máis impostos para os cidadáns, que ao final pagan máis a pesares das pequenas rebaixas do goberno galego”.

Austeridade

O portavoz socialista lembrou a falla de réplica do goberno galego aos tempos de austeridade drástica do goberno de Rajoy e o ministro Montoro, para criticar agora ao goberno socialista de Pedro Sánchez a pesares de que conseguiu a rebaixa dos criterios de déficit da UE. Sinalou que o goberno central cedeulle ademais parte deste incremento de gasto ás comunidades autónomas para desenvolver políticas sociais.

Sinalou tamén que foi o goberno socialista o que está a consignar máis recursos para a Dependencia, o impulso do emprego xuvenil ou para a loita contra a violencia de xénero, aspectos todos eles que “forman parte do pacto de Presupostos que se está a negociar no Congreso” e ao que o PP ten anunciado a súa oposición frontal.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08