Categorías: Actualidade

O “servilismo” do PP de Arteixo provoca que a Xunta só destine 50.000 euros ao novo colexio nos Orzamentos de 2021

Os socialistas de Arteixo critican os orzamentos da Xunta para Arteixo, que consideran “insuficientes”. Para o deputado socialista Martín Seco non ten sentido que só asignen 50.000 euros para un novo CEIP nun concello como Arteixo. “Con só 50.000 euros nos presupostos, teremos que esperar a que as obras comecen no 2023 no mellor dos casos”, lamenta e recorda que a xustificación desde San Caetano para esta “paupérrima partida” é que o Goberno local de Arteixo “non fixo os deberes” para ceder o terreo necesario a Xunta. É dicir, “Arteixo non terá novo colexio o próximo curso polo servilismo e a inacción do Goberno de Carlos Calvelo”.

O deputado socialista contrapón a iniciativa do Goberno central que “bonifica a AP-9”, mentres que en Galicia “seguimos co lastre dun peaxe imposto no que era unha vía pública privatizada polo PP”, en referencia á AG-55, que “agora impide facer un enlace da zona norte co autovía ao porto gratuíta”, engade. Nese senso, apunta que resulta inaudito que o alcalde de Arteixo fale do enlace coa autovía ao porto exterior, cando “nin o Concello nin a Xunta teñen os terreos, nin un proxecto para facer a circunvalación de Meicende, sen o cal é imposible eliminar os transportes pesados do núcleo urbano”

Seco subliña que á falta de investimentos en obras “moi necesarias en Arteixo” os orzamentos autonómicos, “non son un bos presupostos para Arteixo” porque “nin se mellora a asistencia sanitaria, nin a educativa. Tampouco se mellora en infraestruturas da comunicación nin en seguridade viaria en viais tan importantes como a AC-552 ao seu paso polos núcleos de Vilarrodís, Arteixo e Larin, ademais de esquecer a comunicación do polígono de Morás coa rotonda de Pescanova, esencial para a seguridade viaria de Montepequeno e eliminar as saturacións da rotonda de Sabón”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08