Categorías: Actualidade

O secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato, valora o acordo en Alcoa e esíxelle á Xunta que lle dea prioridade á implantación de proxectos de renovables co fin de reducir os custes da enerxía

O secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG-PSOE, Ángel Mato, valorou hoxe o respaldo dos empregados de Alcoa á proposta da compañía para o mantemento dos postos de traballo ata o 2026 e a realización de investimentos na planta de San Cibrao para garantir a súa continuidade.

Mato destacou o apoio do 70 % do cadro de persoal e asegurou que o PSdeG “está a disposición dos traballadores” no tocante a acadar unha solución ao problema enerxético antes do 2024. “Esa solución pasa por que a Xunta e o Estado faciliten a implantación de proxectos que rebaixen os custes da enerxía”, dixo.

Para conseguilo, “dende o PSdeG esixímoslle á Xunta de Galicia que lle dea prioridade á implantación de renovables e tecnoloxías de almacenamento de enerxía no entorno de Alcoa”, demandou para, a continuación, avanzar que, “para facer que isto sexa unha realidade, a Administración autonómica contará con toda a colaboración dos socialistas galegos”.

Ángel Mato insistiu en que o mellor modo de dispoñer de custes enerxéticos “asumibles” que garantan o futuro industrial é promover a implantación de tecnoloxías renovables, que son as que fan descender a factura. Nese senso, o PSdeG considera moi prexudicial a oposición inxustificada de grupos políticos ou sindical, do mesmo modo que o conformismo da Xunta. “Os parques eólicos son compatibles co respecto ao medio ambiente e a riqueza que xeran debe repercutir no territorio”, afirmou.

Por outra banda, o secretario de Política Industrial instou á Consellería de Traballo a comprometerse co emprego nas compañías auxiliares, co fin de evitar que o seu persoal non sufra aínda con maior intensidade as consecuencias da parada das cubas durante dous anos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18