Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado reclámalle á Xunta que abandone a estratexia do “divide e vencerás” no conflito entre bateeiros e percebeiros pola recollida da mexilla porque “perdemos todos”

Insta ao presidente da Xunta a reunirse cos afectados para retomar o diálogo e intentar resolver a situación

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, demandoulle hoxe ao goberno galego que “deixe de xogar ao divide e vencerás” no conflito existente entre bateeiros e percebeiros pola recollida da mexilla. Con esta estratexia, alertou o deputado socialista, “perdemos todos: perde o sector, perde lexitimidade a Consellería e perde a cidadanía en xeral cando ve que os gobernos non funcionan”, enfatizou.

Nesta liña, subliñou a súa preocupación polo feito de que “un goberno estea alimentando un problema tan grave nun sector tan relevante dende o punto de vista económico, pero tamén dende o social e incluso dende o cultural”. “É un erro a todas luces”, advertiu.

Julio Torrado lembrou que os percebeiros e bateeiros levan máis de 60 anos convivindo sen ningún tipo de problema, polo que acusou ao goberno galego de ser o único responsable de orixinar agora unha situación “con moitas tensións e moita incertidume” e que ademais “se está a recrudecer”. Polo tanto, “a culpa non é deles”, remarcou, senón “so da Consellería do Mar”, que procurou “alimentar e incluso incendiar o enfrontamento tomando partido” de xeito “sorprendente” por razóns que “non entendemos” e detrás das que podería agocharse a “vinganza” ou a “mala conciencia” da Xunta.

Así, nun escenario no que se condena a unha parte a “mirar cara o ceo sen saber como van vivir da súa profesión”, chegouse ao punto de que “hai un sector que xa non asume á Consellería como lexítima interlocutora”. Porén, Julio Torrado remarcou que “é posible o entendemento para que os sectores convivan e compartan espazos” de modo que ningún deles “quede desvalido”.

Neste contexto “complicado”, Julio Torrado avogou por “recuperar o diálogo, rebaixar o ton, non alimentar o conflito e resolver o problema”. Ao fío disto, o voceiro de Marisqueo do Grupo Socialista considerou “imprescindible recuperar a senda do acordo” antes de que o problema derive “en situacións complicadas ou perigosas que non quixeramos ver”. “Empreguen o consenso como una ferramenta de vontade”, pediu, “e non para atrapallar ao sector ou para coaccionalo”.

Con este obxectivo, Julio Torrado sumouse á petición realizada por algúns dos afectados para que o propio presidente da Xunta “entre a resolver o problema” e “atenda as peticións de reunirse e de sentarse a unha mesa con eles”. En todo caso, instou á Consellería a “mover en algo a súa posición, que ata o de agora  parece alimentar o conflito”, ao tempo que demandou “un cambio de postura que permita o diálogo”.

A maiores, Julio Torrado denunciou a falta de respostas do goberno galego e que o cambio normativo no que está a orixe do conflito se realizou “sen consenso”. Ao fío disto, o parlamentario socialista reclamou explicacións polos motivos que conduciron a esta modificación e que a Xunta seguen sen xustificar. “Se a explotación responsable se está a cumprir de xeito escrupuloso, como vostedes din, por que se modifica a normativa?”, preguntou.

Ao mesmo tempo, reclamou que se presenten no Parlamento os informes sobre os que se sustentan as variacións introducidas na norma, o que “podería contribuír á darlle transparencia a unha situación” que agora mesmo non a ten. “Compártanos”, demandou Torrado, “xa que se escudan neles para manter unha situación que está a xerar un problema”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18