Categorías: Actualidade

O PSdeG reclama á Xunta un mapa de servizos básicos que garanta o acceso a toda a poboación de Galicia: “Non podemos consentir que deixen esmorecer o rural”

O deputado socialista Juan Carlos Francisco leva ao Parlamento a desatención por parte da Xunta da Galicia rural e do interior, unha situación que xera “unha Galicia a dúas velocidades” na que se acentúan os problemas de despoboamento

Santiago, 30 de maio de 2021. O PSdeG levará ao Parlamento a desatención por parte da Xunta da Galicia rural e do interior, unha situación que xera “unha Galicia a dúas velocidades” na que se acentúan os problemas de despoboamento.

Así o sinalou o deputado socialista Juan Carlos Francisco Rivera, quen vén de reclamar ao goberno galego -a través dunha iniciativa parlamentaria- que elabore un mapa de servizos básicos que garanta o acceso para o conxunto da poboación na totalidade do territorio de Galicia.

“Non podemos consentir que deixen esmorecer o rural”, subliñou o parlamentario ourensán, consciente da importancia das políticas de vertebración territorial e de que “non pode haber galegos de primeira e galegos de segunda”.

De feito, Juan Carlos Francisco subliñou que hai “modelos de éxito” que Galicia pode seguir para revitalizar o rural e frear o devalo demográfico, como o caso de Escocia, e por iso urxiu a Feijóo a que “abandone a propaganda como única estratexia” e impulse “un cambio de modelo”.

INICIATIVA PARLAMENTARIA

No texto rexistrado na Cámara, o deputado verinense reclama á Xunta a elaboración dun catálogo de servizos para todas as bisbarras, así como que calquera decisión de peche nas zonas en risco de despoboamento requira un informe dun organismo especializado.

Deste xeito, como sinalou o socialista, decisións como o peche do paridoiro de Verín non poderían ser tomadas só polo goberno de turno.

Ademais, na súa iniciativa, Juan Carlos Francisco demanda a creación dun Fondo de Cohesión Demográfica que se destine aos concellos “en grave crise demográfica” para que tomen medidas.

En paralelo, defende a necesidade de impulsar un modelo de transporte público que garanta a accesibilidade aos centros prestadores de servizos básicos e que teña rutas e horarios compatibles cos horarios laborais e de formación; así como un plan de mellora da conectividade de banda larga en todo o territorio.

Trátase, como dixo o socialista ourensán, dun conxunto de medidas fundamentais en boa parte das provincias de Ourense e Lugo, así como en bisbarras como A Paradanta en Pontevedra ou o interior coruñés, que sofren problemas demográficos e un déficit de servizos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18