Categorías: Actualidade

O PSdeG levará aos concellos unha moción contra as agresións sexuais e a submisión química e lamenta o “silencio” da Xunta sobre as picadas

A secretaria de igualdade, Silvia Fraga, chama a estender a toda Galicia o protocolo de actuación fronte as novas formas de agresión contra as mulleres

Os socialistas demandan campañas de información e prevención, creación de puntos violeta e controis para evitar as xiringas nos recintos festivos

A secretaria de igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, presentou este mércores unha moción tipo que se levará aos concellos en relación ás agresións sexuais e a submisión química exercida contra as mulleres. Lamentou tamén o “silencio” da Xunta ante o aumento das denuncias de picadas no lecer nocturno e pide que se tomen medidas para combater este problema.

A moción que os socialistas levarán aos concellos pretende que as administracións máis próximas á cidadanía presten todo apoio posible ás vítimas da violencia machista. Entre as propostas está a condena expresa de calquera agresión sexual e da submisión química para este fin, ao tempo que se insta ao goberno da Xunta a que estenda o protocolo contra a submisión química elaborado no hospital de Ourense a todas as áreas sanitarias de Galicia.

Do mesmo xeito, a iniciativa do PSdeG propón que dentro dos recintos festivos e nas discotecas se establezan controis para evitar que se entren con xiringas para realizar as picadas, e mesmo que os concellos amplíen a instalación de puntos violetas para asistir ás posibles vítimas, aproveitando que a meirande parte deles están financiados polo Plan Estatal contra a Violencia de Xénero.

No eido da prevención, o PSdeG insta a través desta moción a facer campañas de concienciación e educación entre a mocidade, poñendo o foco nos potenciais agresores. Silvia Fraga resaltou a importancia de centrarse no agresor, sen deixar de pedirlle medidas de prevención ás rapazas, aínda que o esencial neste caso é que “poidan saír de festa sen ter medo”.

A secretaria de igualdade socialista subliñou que hai unha gran falta de empatía nos agresores e que pode que estas campañas non axuden a conciencialos a eles, pero si ao seu entorno máis próximo que pode evitar estas graves agresións.

Fraga Santos, que compareceu en rolda de prensa xunta coa portavoz de igualdade no Parlamento galego, Noa Díaz, e o secretario xeral de Xuventudes Socialistas, Xurxo Doval, tamén se referiu ás denuncias de picadas en festas que se están a producir en Galicia e incidiu en que é preciso ser “cautos e cautas” ante a incerteza de que as picadas sexan por submisión química.

AMEDRENTAR ÁS MULLERES

Do mesmo xeito, non quixo restar importancia ao feito, xa que para Fraga que se faga ou non sexa para drogar ás rapazas, non quita que siga sendo un acto de violencia machista que incluso pode supor a transmisión de enfermidades. Indicou que incluso no caso de ser por “unha broma de mal gusto” o obxectivo final é o mesmo “amedrentar ás mulleres”.

Amosou cautela ante a situación, remarcando que dende o PSdeG non queren “crear alarma nin contribuír a unha psicose social”, pero que “o problema está aí” e pide á Xunta que o afronte de cara. Para Fraga a precaución respecto á natureza dos actos é compatible con actuar en consecuencia para previr estas situacións e atender ás vítimas correctamente.

Silvia Fraga reclamou medidas, que o executivo galego xa anunciou fai meses e non puxo en práctica. A existencia dun protocolo para atender ás rapazas afectadas, con análises de sangue preparados para detectar estas substancias, tendo en conta que algunhas delas son de rápida desaparición, ás seis horas deixan de estar no organismo da vítima.

Pola súa banda, a deputada Noa Díaz, portavoz de igualdade no Parlamento galego, amosou a súa preocupación polo “incremento exponencial” da violencia sexual contra as mulleres no último ano, e pensa que o goberno da Xunta “debería ter feito moito máis e tomar medidas urxentes” para combater este problema.

“A XUNTA, QUE SE POÑA AS PILAS”

Lembrou Díaz que xa no pasado mes de xuño, cando se empezaron a coñecer casos de posibles submisión química, o grupo do PSdeG rexistrou varias iniciativas na Cámara para “esixirlle á Xunta de Galicia que se poña as pilas” e que estenderá ao conxunto das áreas sanitarias o protocolo de actuación ante este tipo de casos que se adoptou no CHOU de Ourense. Do mesmo xeito, demandou que se poña en marcha unha campaña de información “non para xerar alerta”, dixo, “senón para que saber como actuar diante deste tipo casos”.

Desde Xuventudes Socialistas de Galicia, o seu secretario xeral, Xurxo Doval, sinalou que esta organización está a promover unha campaña informativa tanto sobre as picadas “como todas as formas de agresión no ámbito do lecer nocturno”, co obxectivo de contribuír a crear entorno de seguridade “e que a mocidade poida desfrutar sen medo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18