Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

O PSdeG denuncia a “mala xestión e o caos” que está provocando a Xunta coa extinción dos incendios e demanda máis prevención e brigadas profesionais

Lara Méndez ve a Rueda “incapaz” de dirixir o sistema sanitario e advirte que “non podemos normalizar a atención telefónica” nin as esperas de tres semanas na atención primaria

A vicesecretaria xeral do PSdeG-PSOE, Lara Méndez, denunciou hoxe a “falta de previsión, de planificación e de xestión” do goberno da Xunta nas labores de extinción dos incendios forestais, ao tempo que invocou a necesidade de avanzar cara a profesionalización das brigadas e reforzar o peso do traballos de prevención e coidado do monte que é preciso facer durante o inverno.

Nunha rolda de prensa ofrecida na sede do PSdeG, en Santiago, Lara Méndez sinalou que, dende o principio, os socialistas “quixemos ser respectuosos e prudentes” coas labores de control e extinción dos lumes, pero o certo é que dende os concellos están dando “a voz de alarma” pola “mala xestión e o caos que está xerando a Xunta dende a Consellería de Medio Rural” pola falta de planificación.

Lembrou a dirixente socialista que na comisión de estudo sobre a política forestal celebrada no Palramento se propuxo avanzar cara a profesionalización das brigadas e que o dispositivo autonómico fixera máis fincapé nas labores de prevención dos incendios que hai que facer ao longo de todo ano. “Non pode ser que haxa brigadas que aínda se están conformando no día de hoxe”, engadiu.

Apuntou que o malestar ante o funcionamento do dispositivo de control e extinción non só provén dos concellos do PSdeG, senón “tamén dende os do PP”, que poñen de releve a  indefensión que se está a xerar. É máis, subliñou que o déficit de xestión da Xunta suplántase moitas veces “coa boa vontade dos veciños e veciñas que saen a protexer as súas vivendas ante o caos e falta de actuación de quen ten que facer estas labores”.

A representante socialista focalizou as causas dos incendios forestais na falta de planificación do territorio e na deficiente ordenación forestal por parte do executivo galego, o que deixa unha gran cantidade de terreos mal coidados en condicións idóneas para aumentar o dano dos incendios, especialmente nun contexto de altas temperaturas e dun cambio climático cada vez máis visible.

DETERIORO DA ATENCIÓN PRIMARIA

A tamén alcaldesa de Lugo valorou durante a rolda de prensa o “deterioro progresivo” que se está producindo no funcionamento da sanidade galega, e que provocando que a prestación deixe de cumprir co debe ser o principal obxectivo, que é coidar das persoas e “salvar vidas”.

Considera inadmisible, tal e como están a verificar algúns medios de comunicación, que en numerosos centros de saúde de toda a comunidade, especialmente algún radicados en cidades como Vigo, Pontevedra, A Coruña ou en localidades da Mariña luguesa como Ribadeo ou Foz, haxa que agardar “ata tres semanas para ter unha cita presencial” co médico de cabeceira. “Isto supón unha merma tremenda”, engadiu Lara Méndez, que certifica a situación de colapso que ven denunciando dende hai meses o PSdeG.

“A Xunta non pode mirar para outro lado”, sinalou Méndez, senón que debe reforzar o que considera “piar básico do noso sistema de benestar”, empezando por inxectar 140 millóns de euros máis na atención primaria para recuperar o 976 profesionais sanitarios que se perderon con respecto ao ano 2009.

Engadiu que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, “non é capaz de xestionar” a principal competencia da Administración galega, a sanidade,  e dedícase “a parchear ou a facer cambios de cromos” entre os diferentes cargos do Sergas, sen ir ás verdadeiras solucións. “E isto se solventa con inxección económica, con investimentos, con facultativos e con máis persoal sanitario”, insistiu Lara Méndez.,

APOIO A SÁNCHEZ BUGALLO

Méndez mostrou o apoio da dirección do PSdeG a Xosé Sánchez Bugallo se este decide volver a presentarse á alcaldía de Santiago. Puxo en valor a xestión do mesmo ao fronte da capital galega, nun “mandato moi difícil” para todos os concello por mor da Covid 19, resaltando que o socialista puido reorganizar os recursos da cidade e seguir coa súa folla de ruta para a transformación da cidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08