Categorías: Actualidade

O PSdeG insta á Xunta a “deixar de escapar” das súas competencias e lamenta que “todo se limite a pedir ao Estado que resolva”

O vicevoceiro do PSdeG, Pablo Arangüena, instou este mércores á Xunta de Galicia a “deixar de escapar das súas competencias” e lembrou que neste contexto de pandemia, o núcleo das competencias cruciais como sanidade, educación e os servizos sociais “son competencias autonómicas plenas” aínda que lamentou, “nesta crise descubrimos que a culpa dos problemas é do Estado e todo se limita a pedirlle que resolva dende Madrid”.

Tras a comparecencia do vicepresidente Alfonso Rueda no pleno Parlamento, Arangüena esixiulle “un cambio de actitude” nesta lexislatura, “vostedes non xestionan, deixan pasar o tempo e o tempo que deixan pasar é tempo perdido para Galicia”. O deputado socialista salientou “o desleixo” arredor da situación das residencias e lembrou que a administración autonómica “ten a obriga” de organizar, inspeccionar e sancionar, aínda que segundo sinalou, “ata o de agora lles interese máis que determinados imperios xeriátricos sigan obtendo enormes beneficios”.

En canto a áreas concretas, Arangüena referiuse ao anuncio en abril dun plan de reactivación do Turismo e a Cultura de 27 millóns de euros, e no discurso de investidura de Feijóo dun plan de choque de 58 millóns, unhas cifras “irrisorias cando a Xunta manexa uns orzamentos de 11.000 millóns de euros e tendo en conta o impacto da pandemia nestes sectores”.

Neste sentido, o parlamentario recordou que o PP rexeitou hai uns días a proposta do PSdeG en comisión para impulsar un gran acordo para reactivar o turismo que implicase a todas as administracións, axentes económicos e sociais.

Por outra banda, no que atinxe a Xustiza o deputado socialista lembrou aos populares que “tras 11 anos no poder a situación da Xustiza en Galicia foi a peor”, e citou como exemplos “o alongamento do prazo de tramitación dos procedementos” ou a conflitividade cos profesionais cunha folga dos funcionarios hai dous anos “de 114 días, triste récord de folga de funcionarios en España”.

Neste eido, o vicevoceiro socialista concluíu emprazando á Xunta a “cumprir” as ordes sobre medidas de seguridade e protección fronte a covid, tanto nas “condicións de traballo de funcionarios e profesionais” nas dependencias xudiciais como “no acceso e tránsito dos usuarios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20