Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortada

O PSdeG esíxelle a Pontón que desautorice a Rego por pedirlle ao goberno de España que sexa neutral na guerra de Ucraína e que retire os efectivos militares enviados á zona

O secretario de Organización, José Manuel Lage Tuñas, observa na posición de Néstor Rego “máis preocupación polo que faga a OTAN” que pola situación do pobo ucraíno

“Fronte a invasión de Ucraína por parte de Rusia só cabe unha posición clara e contundente, e non poñerse de perfil”, explica o secretario de Organización dos socialistas galegos

O secretario de Organización do PsdeG, José Manuel Lage Tuñas, reclamoulle hoxe á voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que desautorice de maneira pública ao seu deputado no Congreso, Néstor Rego, polas declaracións realizadas esta mañá sobre a posición que debería ter España sobre a guerra en Ucraína. Con respecto a isto, Lage Tuñas critica que Rego reclame, en nome do BNG, que se retiren os efectivos militares desprazados á zona e que pida que o goberno manteña unha neutralidade activa para non botarlle máis leña ao lume.

Fronte a estas declaracións, José Manuel Lage Tuñas lembra que “quen está invadindo un país é Rusia e que o fai, ademais, violando o dereito internacional, a soberanía nacional e a integridade territorial de Ucraína”. Neste contexto, o secretario de Organización socialista insiste en que non cabe nin “neutralidade activa nin poñerse de perfil”, senón que é indispensable “un posicionamento claro e contundente fronte a agresión rusa”.

“Diante a invasión de Ucraína”, engade, “so cabe a unidade de todas as forzas demócratas”, así como “toda a axuda que poida prestar España e a Unión Europea”. Esa solidariedade, ademais, non se debe exercer tan so dende o punto de vista teórico, senón tamén “axudando ao pobo ucraíno con todo tipo de medidas”.

Porén, o secretario de Organización do PSdeG lamenta que agora mesmo o BNG “semella ter máis preocupación polo que faga a OTAN que pola terrible situación que está a sufrir o pobo ucraíno por mor da invasión rusa”.  Por iso, Lage Tuñas urxe a que haxa unha desautorización inmediata das palabras de Rego por parte da máxima responsable do Bloque.

A maiores, lembra que “a posición que é entendible pola maior parte dos galegos e galegas é a defensa dos valores e principios democráticos”. Nesta liña avoga por “estar todos detrás do goberno de España, apoiando a Pedro Sánchez e, dende logo, condenando a invasión de Ucraína por parte de Rusia”.

“E, por suposto, tamén tomando medidas para axudar ao pobo ucraíno, como non pode ser doutro xeito nunha situación como a que se está a vivir neste momentos”, conclúe.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00