Categorías: Actualidade

O PSdeG esixe o “cese inmediato” da xerente do Sergas e advirte a Rueda: “se cala, está outorgando”

Lage Tuñas censura a “indecencia” de López-Pardo por defender que os centros de saúde non teñan pediatras e acúsaa de actuar como “cabalo de Troia da privada”

Sinala que “hai 192 concellos en Galicia que carecen de servizo de pediatría” como exemplo do desmantelamento levado a cabo polo PP

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, esixiu hoxe o “cese inmediato” da xerente do Sergas polas súas declaracións nas que dicía que a poboación ten que acostumarse a que non haxa pediatras nos centros de saúde, e advertiu a Rueda que “se cala, está outorgando”. Do mesmo xeito, censurou a “indencencia” das súas palabras e acusouna de ser un “cabalo de Troia” da sanidade privada.

O responsable de organización dos socialistas galegos compareceu en rolda de prensa para alertar sobre a gravidade das palabras de Estrella López-Pardo, e censurou que estaban feitas “con indolencia, co descaro máis absoluto e con desvergonza”.

José Manuel Lage amosou o enfado do PSdeG coas devanditas declaracións e pediu o “cese inmediato” da máxima responsable do Servizo Galego de Saúde. Sobre esta petición tamén interpelou al presidente da Xunta, esixindo que “dea a cara” e aclare a súa posición, xa que “se cala, está outorgando”.

Dacordo cos datos do Instituto Galego de Estatística, en Galicia hai 192 concellos que non teñen este servizo de pediatría nos seus centros de saúde, o que representa o 61,3% do total. “Non o dicimos nós, dío o IGE que depende da Xunta”, subliñou Lage, que tamén chamou a atención sobre o recorte do 22% das prazas de pediatría dende o ano 2004, que pasaron de 405 a 318. Logo de 13 anos de goberno, Feijóo e Rueda “non poden botarlle a culpa a ninguén”.

Denunciou así unha estratexia do Partido Popular ao fronte da Administración autonómica para que as familias galegas se vexan na obriga de acudir á sanidade privada ante a falta de cobertura na pública, polo que Lage deixou caer que o nomeamento dun “cabalo de Troia” da privada á fronte do Sergas responde a “intereses escuros”.

Esta é verdadeira cara do Partido Popular”, engadiu Lage, ao reiterar que a dereita está actuando dende o goberno en base a “intereses privados” para derrubar o sistema público e universal de saúde creado a partir de 1985 por Ernest Lluch e Felipe González.

Ante a afirmación de que non ten por que haber pediatras en todos os centros de saúde, o responsable de Organización do PSdeG preguntou directamente a Rueda “que é o que ten que haber nos centros de saúde?” senón médicos. “Ten que haber músicos?”, engadiu con ironía.

Tamén aludiu Lage a algunhas das “masivas” protestas da cidadanía contra a precaria atención sanitaria do Sergas que houbo nas últimas semanas, como as acaecidas en Redondela, Muxía, Dumbría ou Vilagarcía, na que a “cidadanía botouse ás rúas” ante o “abandono” da Xunta.

Destacou tamén problemáticas concretas de distintos concellos baixo a breve dirección de López-Pardo no Sergas, como por exemplo a eliminación dun pediatra en Pintor Colmeiro en Vigo, que soamente haxa pediatra un día á semana en Catoira, ou na Coruña a derivación de pacientes oncolóxicos á privada e as listas de espera de ata 14 días en atención primaria, listas de espera, non existían cando gobernaba Pérez Touriño, afirmou.

ESTRATEXIA A MEDIO E LONGO PRAZO

Instou ao goberno galego a empregar o aumento dun 24% das transferencias de recursos do Estado ás Comunidade Autónomas en mellorar a atención sanitaria e comezar a creación dunha estratexia a “medio e longo prazo” para reverter a situación da sanidade, comezando por mellorar a oferta das condicións laborais que explican a falta de profesionais.

Polas habituais escusas do goberno galego, José Manuel Lage recordou que os 159 millóns de euros dos 418 que enviou o goberno a través dos fondos covid no peor da pandemia e que foron desviados a outros fins, polo que non pode existir, segundo Lage, a escusa da falta de cartos para asumir reformas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28