Categorías: Actualidade

O PSdeG esixe á Xunta que se comprometa a paralizar o ERE de Alcoa e a continuar coa acción conxunta e coordinada co goberno para salvar a factoría

A deputada do PSdeG, Patricia Otero, reclamou hoxe á Consellería de Economía e Industria que se comprometa a “paralizar” o ERE de Alcoa tendo en conta a posibilidade de que “os termos no que se presenta poden incorrer en fraude de lei”. A parlamentaria esixiu no Parlamento á Xunta “que a través da súa autoridade laboral manteña esta vía de presión” sobre a multinacional “nunha acción conxunta e coordinada” co Goberno do Estado, sinalou.

Neste sentido, Otero saudou “positivamente” o feito de que Feijóo “entendese ao fin” o que sempre defendeu o PSdeG, que a multinacional “quería marchar si ou si para deslocalizar a produción” e por iso, “excusas como o debate sobre o prezo da enerxía” eran segundo salientou a deputada, “unha manobra de distración”.

Por outra banda, a parlamentaria do PSdeG lembrou que este luns o Ministerio de Industria remitiu un requerimento a Alcoa para fiscalizar as axudas por CO₂ correspondentes a 2019, unha ferramenta máis para Otero “na necesaria estratexia de presión que deben manter as administracións a todos os niveis” para obrigar a que se a multinacional quere pechar devolva as axudas millonarias recibidas.

Finalmente, a deputada trasladou todo o respaldo do Grupo Socialista aos traballadores de Alcoa, os seus representantes legais así como os traballadores das empresas auxiliares “que se levan mobilizando lexítimamente na defensa da produción e o seu emprego”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04