Categorías: Actualidade

A Xunta obriga ás familias a afrontar a crise da covid sen políticas de conciliación reais

Marina Ortega advirte que o bono coidado que anunciaron para 36.000 familias “só chegou a 1.200”

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, acusou hoxe á Xunta de facer que as familias teñan que afrontar a pandemia “sen políticas de conciliación reais e efectivas que solucionen a súa incertidume”. A responsable socialista presentou unha pregunta oral á conselleira de Política Social no Pleno do Parlamento, na que acusou ao goberno de “botar balóns fora”.

Ortega advertiu que “despois de meses de pandemia e cunha profunda crise económica e social, nais e pais tiveron que facer fronte a un inicio de curso sen gratuidade nos libros de texto, ou coa negativa da Xunta á iniciativa deste Parlamento de aportar máscaras gratuítas nos centros de ensino”. Sinalou que “cunha pandemia no medio, Galicia é a única autonomía que non aportou axudas directas aos autónomos nos peores momentos”.

Advertiu que a conciliación é “unha tarefa pendente” da Consellería de Política Social que quedou evidenciada coa pandemia e que exemplificou no bono coidado, que segundo a Xunta chegaría a 36.000 familias pero “só chegou efectivamente a 1.200”. Preguntou “a Xunta para cando”, logo de sinalar as axudas estatais ou o esforzo dos concellos para prestar servizos de conciliación, ou as Anpas “xestionando os comedores escolares dos que a Xunta se desentende”.

Considera “realmente triste que a única información que lle dan á cidadanía é interpelar ao goberno central mentres vostedes se declaran incompetentes”. Lembrou así as prestacións sociais do goberno central protexeron a 127.390 galegos e galegas, e outros 127.534 puideron acolleres aos Ertes, mentres 95.938 recibiron prestacións do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18