Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG esixe á Xunta “investigar” para esclarecer o impacto da falta de limpeza da canle na riada de Viveiro e tomar medidas para que non se repita

Os afectados trasladaron ao secretario xeral as súas críticas á Xunta e a Augas de Galicia na súa visita á zona o pasado luns para coñecer a situación de primeira man e transmitir as súas condolencias aos afectados

Santiago, 22 de novembro de 2018. O PSdeG esixe á Xunta que abra unha investigación que permita esclarecer as causas das riadas en Viveiro, nas que unha muller resultou falecida, á vista das críticas dos veciños á actuación da Xunta. Considera importante que se explique por que non se atenderon as demandas de limpeza da canle feitas polos veciños ao longo do tempo.

En concreto, os veciños trasladaron ao secretario xeral, Gonzalo Caballero, quen se achegou o pasado luns ata a zona para coñecer o ocorrido e transmitir as súas condolencias aos afectados, que consideraban que Augas de Galicia non cumprira cos seus deberes de forma axeitada e que non acometera as debidas labores de limpeza.

Precisamente á teor do seu “descontento” co traballo do goberno galego no río, cómpre aclarar se houbo “desatención” e ver que medidas hai que tomar para evitar que se repita unha situación destas características.

Ao respecto, o líder dos socialistas galegos xulgou que as declaracións de onte da conselleira de Infraestruturas son “pouco consistentes”, pois asegurou que “non había obstáculos” no río baseándose nunha inspección visual realizada polos técnicos “o pasado mes de setembro”.

Non obstante, a suba do río produciuse en cuestión de moi pouco tempo e foron os propios veciños os que indicaron a Gonzalo Caballero que, ademais da choiva, outros factores influíron na suba repentina do caudal.

LIMPEZA DO RÍO

Así as cousas, xunto á esixencia de explicacións, os socialistas urxen tamén a dragaxe do río Xunqueira e a limpeza da parte superior do río que anegou Viveiro, posto que, de repetírense as abondosas chuvias, volvería haber inundacións. “Hai que tomar todas as medidas para que isto nunca máis volva suceder”, concluíu Gonzalo Caballero.

Con ese fin, a deputada socialista Patricia Otero anunciou iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta que elabore, antes de marzo de 2019, un plan de riscos de inundación do río Xunqueira e para que acometa labores de rexeneración e dragaxe da zona afectada.

Iniciativas similares denunciando “a situación de total abandono e de falta de limpeza” xa foron presentadas polos socialistas o pasado ano na Cámara, sen que supuxeran a adopción de medidas por parte do goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05