Categorías: Actualidade

O PSdeG esixe a Política Social “transparencia e protocolos claros” nas residencias de maiores

A deputada do Grupo Parlamentario do PSdeG, Marina Ortega, esixiu este mércores no pleno do Parlamento “transparencia e protocolos claros” nas residencias de maiores ante os novos gromos da covid e as “terribles consecuencias que novamente” están a ter para as usuarias e usuarios con centros onde “nun só día se detecta un nivel de contaxio do 90 por cento do total de residentes”.

A responsable de política social do PSdeG, lembrou que “a especial vulnerabilidade” das e dos maiores nas residencias galegas quedou de manifesto “coa perda de 317 vidas, case a metade de todas as vítimas” que a pandemia se ten cobrado na nosa comunidade. A pesar disto, lamentou Ortega, “a día de hoxe non hai constancia” de que a consellería de Política Social “teña implementado unha sola mellora” para arranxar “as graves deficiencias e problemas de persoal e a falta de profesionais cualificados” lamentou.

Marina Ortega precisou a “recorrente petición das traballadoras” reclamando baixar “as ratios” ante a imposibilidade de facer fronte “con garantías e dignidade” aos coidados que precisan as e os residentes. A parlamentaria censurou que a Xunta “non teña feito nada” neste sentido a pesar, “de que pasan os meses e novamente vese na obriga de intervir novos centros” pola alta incidencia do virus nas residencias galegas.

Ante esta situación, Ortega preguntou á conselleira se “houbo algunha aprendizaxe nestes meses” e que “protocolos e criterios” desenvolven unha vez deciden intervir un centro de maiores.  E é que para a deputada socialista, “non é de recibo a falta de prudencia e cautela” que amosa a Xunta neste ámbito, cando se lle pregunta a conselleira polas súas responsabilidades ao respecto das residencias, “limítase á política de autobombo”, lamentou.

Neste sentido, Ortega salientou “o feito de que Feijóo cesara ao director xeral de maiores”, o que vén a amosar que “en realidade saben que as cousas non se fixeron ben”.  Neste contexto, a parlamentaria socialista esixiu “información detallada, diálogo coas traballadoras e familiares de usuarios e criterios obxectivos na intervención das residencias”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06