Categorías: Actualidade

O PSdeG distingue cos premios de Igualdade “Maruja Vázquez” a Rosa Gómez Limia e á asociación Mulleres Salgadas

O xurado recoñece a loita feminista levada a cabo pola primeira deputada de esquerdas da historia do Parlamento e a principal organización de mulleres do sector pesqueiro
Os galardóns serán entregados no transcurso dun acto que se desenvolverá na segunda quincena do mes de abril

O xurado dos Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez, que promove o PSdeG-PSOE, decidiu distinguir na súa edición deste ano a Rosa Gómez Limia, primeira deputada de esquerdas da historia do Parlamento de Galicia, en recoñecemento do seu activismo feminista e o seu “firme papel desenvolvido en defensa da igualdade”. No apartado de colectivos e entidades, tamén se premia á asociación Mulleres Salgadas pola loita constante que está levando a cabo contra as desigualdades no sector da pesca.

Os Premios de Igualdade do PSdeG foron creados no ano 2015 co obxectivo de recoñecer o traballo feito, tanto por persoas individuais como por colectivos, en favor da igualdade entre mulleres e homes ou ben que permitan visibilizar as discriminacións por razón de sexo. Logo dun período de suspensión, a celebración destas distincións retomouse no 2022 para chegar este ano á súa cuarta edición.

Os galardóns de igualdade levan o nome de Maruja Vázquez Suárez (Santiago de Compostela, 1894 – Miño, 1936), mestra republicana e socialista asasinada polos franquistas ao inicio da Guerra Civil, no que pretende ser tamén un exercicio de recuperación da memoria dunha identidade clave no activismo feminista, que a ditadura franquista intentou borrar.

O acto de entrega dos IV Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez está previsto que se celebre na segunda quincena do próximo mes de abril, logo do fallo emitido por un xurado integrado por doce mulleres e presidido pola secretaria de Igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, quen salientou que, como novidade na presente edición, distínguese non só a unha persoa nivel individual, senón tamén a unha entidade que se significou dun xeito especial na loita pola igualdade.

ROSA GÓMEZ LIMIA

Rosa Gómez Limia naceu en 1943 en Ourense en 1943. Perito e xornalista de formación, converteuse, da man do PSdeG-PSOE, na primeira muller deputada de esquerdas da historia do Parlamento de Galicia. Nas eleccións municipais de 1979, encabeza a candidatura socialista no Concello de Mugardos onde pasa a xestionar a exercer a primeira tenencia de alcaldía, así como, as comisións de Cultura, Ensino, Deportes e Facenda. Neste ano tan só dúas mulleres encabezaron listas en toda a provincia da Coruña. Repite experiencia nas convocatorias electorais de 1983 e 1987.

En 1985 é elixida para presidir a Federación Galega de Mujeres Progresistas e foi no ano 2000 cando se traslada a vivir ao municipio de Teo, onde continúa o seu activismo no ámbito do asociacionismo. En 2002, colabora na fundación da Asociación Iniciativa Cidadá por Teo co obxectivo de promover ideas para mellorar a convivencia e participación cidadá. No 2004, xunto a un pequeno grupo de mulleres e homes, crea a Asociación Teenses pola Igualdade, organización de ámbito autonómico que se destacou por incorporar homes á loita pola igualdade de xénero.

MULLERES SALGADAS

En canto á asociación de Mulleres Salgadas, constitúese en decembro de 2016 collendo como ámbito de traballo a ría de Arousa, que logo foi ampliando. Convértese así na primeira e única asociación de rango autonómico galego de mulleres do sector pesqueiro.

O obxectivo principal da entidade consiste en mellorar a situación das traballadoras galegas do mar e actividades relacionadas, prestando atención especial á escasa presenza de mulleres en postos de dirección e decisión. Neste

sentido, e en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, polo que desde Mulleres Salgadas promoveron a creación dun observatorio de igualdade do sector pesqueiro galego para contribuír de maneira decidida a posicionar ao mundo do mar de Galicia dentro da Axenda 2030, especialmente na consecución do seu Obxectivo 5 Igualdade de xénero.

Desde maio de 2021, prantexáronlle á Consellería do Mar e á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta a creación dun Observatorio de Igualdade do Sector Pesqueiro Galego, pois consideraban que o peso da pesca na nosa comunidade precisan dun observatorio formado por persoal técnico que estuden, analicen e establezan diagnósticos e medidas correctoras que contribúan a mellorar a situación das galegas que traballan no mar ou actividades relacionadas.

O Parlamento galego aprobou por unanimidade, a iniciativa do PSdeG, a creación do devandito observatorio en marzo de 2022, pero a data de hoxe aínda non foi posto en marcha polo goberno galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13