Categorías: Secretaría Xeral

O PSdeG denuncia que a Xunta dedicará en 2021 a igualdade “exactamente a metade” do consignado en 2009 e reclama “máis recursos” para combater a violencia de xénero

O voceiro parlamentario erixe ao Partido Socialista en “garantía da defensa da igualdade” e esixe á Xunta que faga “moito máis esforzo” para protexer ás mulleres

A voceira de Igualdade revela “cifras arrepiantes” sobre que unha de cada tres mulleres galegas sufriu violencia por parte das súas parellas ou exparellas e que a mesma porcentaxe padeceu acoso sexual

A voceira de Igualdade do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, Noa Díaz, denunciou hoxe, na véspera do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que os orzamentos da Xunta para ano que vén dedican a igualdade “exactamente a metade” do consignado no ano 2009.

Consciente da “gravidade” deste dato, Noa Díaz reclamou “máis recursos” para enfrontar a violencia machista, toda vez que para combater a situación que atravesan tantas mulleres en Galicia non abondan “discursos a prol da igualdade e contra a violencia de xénero”.

Así pois, reivindicou, cómpre crear en Galicia “unha verdadeira rede” de centros de información á muller que sexa “a garantía dun servizo integral ás mulleres dos 313 concellos galegos” que lles ofreza un servizo de proximidade de “asesoría e acompañamento”. Na actualidade, sinalou a deputada socialista, só hai 82 centros deste tipo en Galicia.

Do mesmo xeito, reclamou un plan contra a violencia de xénero “fundamentado na prevención”, que se centre tanto na xente nova e no uso que fan das novas tecnoloxías como nos homes. “Non existen campañas neste sentido”, criticou a parlamentaria do PSdeG.

Ademais, “é necesario”, incidiu Noa Díaz, deseñar programas de sensibilización dirixidos a mulleres maiores de 65 anos destinados a que coñezan mellor os seus dereitos e os servizos dispoñibles para atendelas; así como “reforzar” as medidas centradas nas mulleres que viven no eido rural e nas súas necesidades.

En paralelo, a voceira de Igualdade do PSdeG na Cámara galega chamou a “combater os posicionamentos políticos que negan a existencia da violencia de xénero ou que rexeiten a validez das políticas públicas enfocadas á súa erradicación”.

“CIFRAS ARREPIANTES”

Así o dixo durante a presentación da campaña do PSdeG para o 25N, e puxo sobre a mesa “cifras arrepiantes” sobre que o 33,9% das mulleres galegas sufriron violencia por parte das súas parellas ou exparellas ou que o 35,7% padeceu acoso sexual ao longo da súa vida.

A maiores, Noa Díaz puxo o foco no “compoñente especial” do 25N este ano, posto que o confinamento derivado da chegada da covid obrigou a moitas mulleres a “convivir co seu maltratador” de xeito máis intenso.

“GARANTÍA DA DEFENSA DA IGUALDADE”

Pola súa banda, o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo hoxe unha chamada a “manter a loita” fronte á violencia contra as mulleres a través de “medidas concretas e recursos” e reivindicou aos socialistas como “garantía da defensa da igualdade”.

Nun contexto no que “só a ultradereita” se mantén “á marxe” do combate contra a violencia machista, dixo, a Xunta ten que facer “moito máis esforzo”.

Gonzalo Caballero recordou tamén que hoxe mesmo manterá un encontro virtual con Cristina Almeida para abordar a loita contra a violencia machista ao que se pode acceder a través das redes sociais, e que levará as medidas da Xunta para protexer ás mulleres á súa pregunta ao presidente no pleno parlamentario desta semana.

“PARAR A QUEN SEMENTAN O ODIO”

Tamén tomou a palabra na presentación do cartel do PSdeG para a campaña deste 25N a autora da ilustración, Anunciación Tarrío.

Os pétalos das rosas vermellas que saen da protagonista da imaxe, explicou, representan “a liberdade e o respecto a unha mesma”, así como “a responsabilidade de denunciar situacións das que non podemos estar á marxe”.

“As nosas bocas non deben calar ante a violencia de xénero, nin a sufrida por nós mesmas nin a sufrida por outras”, engadiu Anunciación Tarrío, consciente de que “só así pararemos a quen sementan o odio”. “As rosas nacen en nós, sementémolas”, finalizou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13