Categorías: Actualidade

O PSdeG centra o pleno da vindeira semana no “gravísimo problema” da Atención Primaria

Luis Álvarez urxe á Xunta a comprometer a convocatoria de prazas para todas as categorías laborais implicadas en Primaria e ampliar o tempo de contratación dos chamados contratos de continuidade ata un mínimo de dous anos

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, avanzou hoxe, trala celebración da Xunta de Portavoces no Parlamento, que o Grupo Socialista centrará o pleno da vindeira semana no “gravísimo problema” da Atención Primaria.

Neste marco, o dirixente socialista preguntará ao presidente da Xunta sobre as medidas que vai adoptar o goberno galego para reforzar a Atención Primaria ante o inicio da temporada estival na que sistematicamente se produce unha redución de servizos pola falla de cobertura das vacacións do persoal sanitario por parte do Sergas.

Ademais, o Grupo Socialista levará tamén unha moción para substanciar a interpelación debatida na pasada sesión plenaria, na que instará á Xunta, entre outras cuestións, a comprometer a convocatoria, nas dúas vindeiras Ofertas Públicas de Emprego, de prazas para todas as categorías laborais implicadas na Atención Primaria, a maiores dos profesionais de medicina de familia e comunitaria; así como a ampliar o tempo de contratación dos chamados contratos de continuidade ata un mínimo de dous anos.

Continuando coa temática sanitaria, o PSdeG defenderá unha interpelación para abordar o “problema” existente nos servizos de Medicina Interna dos hospitais galegos. “Á volta de 4, 5 ou 6 anos, vaise dar unha situación idéntica en Medicina Interna á que temos neste momento en Atención Primaria”, advertiu novamente o socialista.

INCREMENTAR OS EQUIPOS DE VALORACIÓN DA DEPENDENCIA

No ámbito de política social, Álvarez adiantou que o PSdeG tamén defenderá unha moción para substanciar a interpelación sobre os equipos de valoración de dependencia na que pedirá ao goberno galego que incremente o número de técnicos suficientes que traballan neste servizo e eliminar así as listas de espera.

Ademais, urxirá ao Executivo autonómico que remita ao Parlamento un informe detallado sobre o incremento de persoal de dependencia, sobre as listas de espera por provincias e sobre as solicitudes “que non están gravadas” no sistema de dependencia e “enmascaran” a realidade, “concretamente as 9.298, segundo o XXII Ditame do Observatorio Estatal da Dependencia da Asociación Estatal de Directoras e Xerentes en Servizos Sociais”.

A DEFENSA DO COLECTIVO LGTBI

Enmarcado na celebración do Día Internacional do Orgullo LGTBI que se festexará o vindeiro 28 de xuño, o PSdeG defenderá tamén no vindeiro pleno unha proposición non de lei sobre “a triste realidade de agresións” a este colectivo que se seguen producindo.

Neste sentido, Álvarez sinalou que “é esencial” que a Xunta impulse, xunto aos concellos, servizos de información e atención ao colectivo e comprometer “un incremento razoable do orzamento da Xunta”, xa que na actualidade “só destina 21.000 euros” a políticas deste tipo dun orzamento global de case 12.000 millóns de euros.

AS GARDAS 24 HORAS NOS PARTIDOS XUDICIAIS DE VIGO E A CORUÑA

Doutra banda, o Grupo Socialista levará outra proposición non de lei para urxir á Xunta a implantación do sistema de gardas 24 horas nos xulgados de Coruña e Vigo, xa que estas dúas cidades acollen os “únicos partidos xudiciais de España” que teñen máis de 8 xulgados de instrución, pero carecen de gardas 24 horas.

Logo de que o goberno do Estado dotase orzamentariamente esta nova configuración de gardas, o socialista sinalou que a Xunta, “non ten feito o seu traballo”, polo que instará ao goberno galego a poñer a disposición os “recursos económicos necesarios” para implantación deste sistema.

O MAPA DO TRANSPORTE PÚBLICO

En canto ás preguntas orais, Álvarez sinalou que o Grupo Socialista preguntará ao Executivo autonómico pola colaboración existente entre o goberno galego e o goberno central na mellora do mapa de transporte cando “é unha realidade contrastada que o Plan de Transporte Público de Galicia deseñado polo goberno galego non dá resposta ás necesidades da poboación e, polo tanto, cremos que é necesario que fagan melloras substanciais, en vez de confrontar e confrontar”.

OS BACHARALATOS XERAL E DE ARTES NO VAL MIÑOR

Por último, o PSdeG urxirá á Consellería de Educación que inclúa, dentro da oferta formativa dos centros educativos do Val Miñor para os cursos 2022-2023, tanto o novo Bacharelato Xeral como o Bacharelato de Artes.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13