Categorías: Actualidade

O PSdeG censura a “solución máxica” de Comesaña de “coverter ao persoal de enfermaría en médicos” e cualifícao de “temeridade”

José Manuel Lage anuncia a “oposición frontal” do socialistas á suba “indiscriminada e inxustificada” das peaxes da AP-9

Denuncia o “reparto discrecional, arbitrario e partidario” dos fondos da Xunta aos concellos que acredita a FEGAMP no seu informe

O secretario de organización do PSdeG, José Manuel Lage, censurou hoxe a “solución máxica” do conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, de converter ao persoal de enfermaría en médicos, e coincide co Consello de Colexios Médicos en que é un “atallo ilegal, ineficiente e temerario”, que ven das mans duns “irresponsables”.

José Manuel Lage comezou falando sobre sanidade, “o asunto que máis preocupa aos galegos e ás galegas”,en especial trala “constante improvisación” do goberno da Xunta nas últimas semanas ante o “colapso” da atención primaria.

Enumerou distintas accións e intervencións públicas dos dirixentes do sistema sanitario, como a responsable do Sergas, Estrella López-Pardo, a que cualificou como o “cabalo de Troia da sanidade privada” cando advertiu á cidadanía de que se acostumaran a que non tiña que haber pediatras en todos os centros de saúde, ao fío do que o socialista recordou que 192 concellos galegos non teñen servicio de pediatría nos seus centros de saúde.

Remarcou algúns datos sobre listas de espera actualizados da semana pasada para as citas cos médicos de cabeceira, expoñendo que hai unha media de 10 días de espera,cifra que aumenta ata os 13 días de media en pediatría, situación “insostible” que “preocupa principalmente aos galegos e ao PSdeG”.

José Manuel Lage criticou que o conselleiro de Sanidade, Julio Comesaña, da man de Alfonso Rueda, sacaran “un coello da chistera”, “unha solución máxica” e apostaran por transformar ao persoal de enfermaría en médicos de cabeceira a través dun curso, que tivo a resposta contundente do Consello de Colexios Médicos de que era un “atallo ilegal, ineficiente e temerario”.

Ante isto, aseverou que o plan que tiñan dende o goberno galego era substituír a histórica facultade de Medicina de Santiago de Compostela por un “curso CCC” impartido polo 061, para que o persoal de enfermaría, xa de por si moi tensionado, asuma as funcións dos e das médicos na atención primaria. Para Lage queda constatado que “a saúde dos galegos e as galegas está nas mans duns irresponsables, de xente temeraria”.

Tamén citou o plan de atención remota polo cal os usuarios do Sergas na atención primaria serían atendidos por un médico a través dunha pantalla no centro de saúde e non de maneira presencial, que se coñeceu nos medios de comunicación que foi “gardado nun caixón, polo de agora” por parte de Comesaña, trala manifestación masiva en Madrid contra unha medida practicamente idéntica.

Esta imaxe para José Manuel Lage recorda á do expresidente Rajoy falando a través dun plasma en medio dunha crise política e é considerada unha afronta á cidadanía galega, polo que lle pediu a Rueda e Comesaña que “deixen de facer experimentos coa saúde dos galegos, coa saúde non se xoga”.

Por outra banda anunciou que levarán o Parlamento de Galicia propostas para “mellorar as condicións do persoal sanitario, cun programa con contratación estable para reducir a precariedade e as listas de atención primaria”, para o que se mostran dispostos a “encontrarse” co executivo galego. Ante isto mostra a intransixencia do PSdeG: “nos centros de saúde ten que haber un equipo completo de médicos e enfermeiros, non se pode pretender atender aos cidadáns a través dun teléfono ou unha pantalla”.

SUBIDA INXUSTIFICADA E INDISCRIMINADA”

Ante a suba anunciada pola concesionaria da autoestrada da AP-9 dun 9% dos peaxes cara a 2023, José Manuel Lage dixo “ben alto e ben claro” que o PSdeG fará unha “oposición frontal” a un aumento “indiscriminado e inxustificado”. Polo que póñense “do lado” dos seus “alcaldes e alcaldesas” para pedir ao goberno galego e do Estado que fagan “todo o que está nas súas mans” para evitala.

Do mesmo xeito, subliñou que foi o goberno de Aznar quen “condenou aos galegos a ter autoestrada de peaxe” coa prórroga da concesión que firmou. Reafirmou que está suba de prezo é “algo impresentable” que merece unha “resposta social e política contundente”, que “non vai a contar co silencio” do PSdeG e que están “a carón da maioría da sociedade”.

REPARTO DE FONDOS DISCRECIONAL, ARBITRARIO E PARTIDARIO

O responsable de organización dos socialistas galegos tamén se pronunciou sobre o informe da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para apoiar a súa posición, onde denuncian que os concellos galegos están a facer fronte a competencias da Xunta de Galicia, con fondos insuficientes e moitas veces fondos propios, o que xerou un déficit de 624 millóns de euros nas súas contas.

Isto débese, segundo o seu informe, ao reparto “discrecional, arbitrario e partidario” que fai a Xunta cos fondos aos concellos, polo que Lage emprazou a Rueda a imitar o “modus operandi” das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra. Os problemas dos concellos galegos maniféstase tras 13 anos de goberno do PP na Xunta e que leva a situacións límite como o do Servicio Asistencia ao Fogar (SAF) que asumen os concellos, moita veces con fondos propios, cando é responsabilidade da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13