Categorías: Actualidade

O PSdeG asegura “a rebaixa histórica” na peaxe da AP-9 no 2021 cos Orzamentos Xerais do Estado: “O PP e o BNG votaron contra a rebaixa da peaxe e agora tentan excusar a súa irresponsabilidade”

Guillermo Meijón recalca que o PP con Aznar prorrogou por décadas a concesión e que o BNG quedou fora de xogo por non defender unha demanda histórica dos galegos: “a rebaixa é cuestión de prazos”

O coordinador dos deputados do PSdeG, Guillermo Meijón, asegurou hoxe que as peaxes da AP-9 experimentarán ao longo deste ano “unha rebaixa histórica” a través dos máis de 63 millóns de euros que incorporan os orzamentos xerais do Estado

“A pesares da irresponsabilidade do BNG e do PP de votar en contra dos orzamentos, o goberno presidido por Pedro Sánchez cumprirá con Galicia na rebaixa das peaxes”, garantiu Meijón, antes de subliñar que o goberno de España está traballando para que a incorporación desas rebaixas e bonificacións se faga realidade “no menor tempo posible de acordo aos prazos legais e necesarios”.

“Cónstanos que o ministerio de Transportes está traballando coa concesionaria nos pasos necesarios para facer efectivos eses descontos”, destacou o deputado pontevedrés, logo de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desvelase que requiriu ao ministro Ábalos que as rebaixas entraran en vigor “o antes posible”.

Ademais, Guillermo Meijón recalcou que esas rebaixas “son froito do compromiso do socialismo galego, que asumiu resolver parte do agravio de Galicia coas peaxes da AP-9 en cordinación co goberno” e non do BNG, a única forza progresista de toda España que votou en contra dos orzamentos do Estado. “Sen orzamentos, o non habería rebaixa das peaxes, e o BNG quedou fóra de xogo ante unha medida histórica e necesaria para Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02