Categorías: Actualidade

O presidente da Xunta dará conta no próximo Pleno do Parlamento das consecuencias do deterioro da sanidade pública e a contestación social rexistrada na manifestación deste domingo

O Grupo Socialista esixiralle a Rueda que dea conta das iniciativas previstas para paliar 13 anos de recortes dos servizos públicos polos gobernos do PP

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou hoxe que o Grupo Socialista centrará a sesión de control ao presidente da Xunta do próximo Pleno do Parlamento nas consecuencias da mobilización en defensa da sanidade pública do pasado domingo. Así o explicou logo da Xunta de Portavoces que se celebrou hoxe no Parlamento e que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

A responsable socialista sinalou que o portavoz do Grupo Socialista preguntaralle ao presidente da Xunta polas decisións que tomará o goberno galego logo da forte contestación social recibida logo de 13 anos de recortes nos servizos públicos, sinaladamente no que ten que ver coa sanidade. Explicou que os socialistas galegos levan todo este tempo presentando propostas alternativas para blindar os servizos públicos que foron sistematicamente desatendidas polo PP e a Xunta de Galicia.

O Grupo socialista tamén presentará unha moción para reclamarlle ao goberno galego que garanta en Galicia o cumprimento efectivo dos dereitos sexuais e reprodutivos no marco da Lei Orgánica de 2010 de interrupción voluntaria do embarazo. Sinalou que esta Lei vén de ser ratificada co rexeitamento ao recurso que o PP tiña presentado no alto tribunal hai 13 anos.

Tamén presentarán unha interpelación para reclamarlle ao goberno galego que dea conta dos pírricos resultados da Lei de Impulso Demográfico e das medidas que debera ter tomado o goberno galego ao amparo da dita norma, aprobada hai máis de un ano. Os socialistas galegos reclamaranlle á conselleira responsable que explique “se consideran que teñen que corrixir algunha das medidas” adoptadas nesta etapa.

Rodríguez Rumbo anunciou que os socialistas galegos esixiranlle á Xunta que execute os orzamentos dispoñibles do Plan estatal de acceso á vivenda 2022 – 25, así como os fondos europeos para a construción de vivendas destinadas ao alugueiro. O PSdeG presenta esta proposición non de Lei logo de constatar que a Xunta deixou sen executar o 96,6 por cento dos fondos de acceso á vivenda en 2022, de acordo cos últimos datos dispoñibles.

O Grupo Socialista incluirá unha moción para reclamarlle á Consellería do Medio Rural que garanta as axudas aos produtores agrogandeiros en ecolóxico que o solicitaron de acordo coas bases fixadas polo goberno galego e que o ano pasado quedaron sen estas partidas pola incorrecta planificación do Executivo.

Infraestruturas

En materia de infraestruturas, o Grupo socialista presentará unha proposición no de Lei para reclamarlle á Xunta que remate a Vía de Alta Capacidade Costa Norte entre Ferrol e San Cibrao, que “debera estar rematada en 2012, pero estamos en 2022 e aínda non temos a súa resolución”, subliñou Rodríguez Rumbo.

Tamén incluirán unha pregunta oral para pedirlle contas ao goberno galego polo seu fracaso na construción da autovía da Costa da morte, que foi comprometida hai 20 anos, “debera estar rematada hai 10 anos, e o presidente da Xunta dicía en 2016 que o proxecto estaba na mesa do conselleiro”. Sen embargo, a día de hoxe “nada sabemos máis alá do que o goberno galego orzamenta tódolos anos pero que nunca executa”.

Rodríguez Rumbo explicou que o Grupo Socialista presentará unha pregunta urxente pola “grave irregularidade” cometida por parte de Portos de Galicia, que autorizou un vertido á mina de San Finx poñendo en risco medioambiental ao marisqueo da rúa de Muros – Noia. Lembrou que a autorización foi aprobada malia que a mina carece de proxecto de explotación válido e de avaliación medioambiental.

Finalmente, preguntarán polas previsións da Xunta respecto do restablecemento do servizo de mantemento para apoiar durante seis meses ao ano aos concellos pertencentes ao parque natural Baixa Limia – Serra do Xurés.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00