Categorías: Actualidade

O PP vota en contra da proposta socialista para implantar unha unidade de ictus que funcione de forma permante no HULA

A deputada socialista, Patricia Otero, reclamou este mércores á Xunta que “no prazo de seis meses” dispuxese no HULA dun servizo de garda presencial de neurocirurxía, activo as 24 horas, así como que adoptase as medidas para desenvolver por completo o programa Código Ictus. A proposición socialista que contou co apoio do BNG, foi rexeitada polo grupo popular.

A parlamentaria socialista levou este mércores a comisión parlamentaria esta “reiterada e xusta demanda” das veciñas e veciños de Lugo e esixiu ao goberno popular que “deixe de faltar a verdade” cando asegura que a unidade de ictus “está xa en funcionamento”. Otero reclamou que a provincia de Lugo dispoña “nin máis nin menos que o mesmo servizo que xa existe en A Coruña, Santiago ou Pontevedra”.

Nese sentido, a deputada censurou o “maltrato que vén recibindo sistematicamente nestes últimos anos a provincia por parte deste goberno da Xunta”, e lembrou que “xa en 2007 o grupo parlamentario do PP comprometía a creación destas unidades de ictus en Lugo e Ourense e a día de hoxe seguimos agardando”. Este veto dos populares á iniciativa amosa para Otero que “a Xunta do PP continúa co abandono da provincia en materia de sanidade”.

A parlamentaria insistiu “unha vez máis nos datos” que avalan a posta en marcha do programa Código Ictus e do servizo de garda 24 horas de neurocirurxía, “na provincia rexístranse máis de 800 casos anuais da enfermidade”. Pero ademais do elevado número de casos, Otero incidiu na importancia de “dar unha resposta e non seguir con esta política de recortes do PP nunha sanidade que en Lugo e especialmente para a poboación rural está a ser un castigo”.

A pesar da negativa do PP, Patricia Otero comprometeu que seguirá coa “ofensiva parlamentaria a todos os niveis”  para conseguir que o Hospital Universitario Lucus Augusti dispoña desta unidade, e rematou advertindo que “a incidencia dos ictus aumentará nun 27% no vindeiro cuarto de século.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18