Categorías: Actualidade

A Xunta debe “deixar de botar balóns fora” e comezar a “asumir as súas responsabilidades” no saneamento de ríos e rías de Galicia

O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, esixiulle hoxe á Xunta que “deixe de botar balóns fora” e “asuma as súas responsabilidades” en materia de saneamento dos ríos e das rías de Galicia. Arangüena presentou unha pregunta oral en Comisión na que sinalou que “seguen incumprindo os obxectivos comunitarios logo de décadas recibindo inxentes fondos da UE para o saneamento das augas”.

O responsable socialista advirte que xa van 20 anos dende a aprobación da Directiva Marco da Auga, e resulta “inasumible que un país que fai bandeira da riqueza marisqueira, piscícola e acuícola permita non só que a contaminación non vaia a menos, senón que vaia a mais”. Sinalou que mesmo Augas de Galicia, que tan só detecta parte dos vertidos a ríos e rías, pasou de 1.296 vertidos detectados en 2014 aos 1.575 en 2019, un 21,5 por cento mais.

Sinalou que 253 destes vertidos superaban a carga contaminante permitida, e outros 57 tiveron que ser investigados polo seu impacto no territorio. Apuntou a situación de Arousa -60 puntos de vertido con carga microbiolóxica ou química tóxica-, Muros – Noia -45 puntos-, Vigo -30-, Ferrol -29-, Betanzos -19- ou Pontevedra -18-. Apuntou á praia de Testal –Noia- como exemplo dunha praia non apta para o baño pero si para marisqueo a pesares dos vertidos “a cachón”.

Explicou que o problema excede o impacto medioambiental para acadar un impacto económico e social, como evidencia que hoxe practicamente non queda ningún dos 2.000 mariscadores que traballaban na Ría de A Coruña, mentres en Noia o número de mariscadores reducíronse á metade.

Situou no río Furelos, en Melide, o “exemplo paradigmático” do desleixo do goberno galego, pola implicación da actual conselleira de Medio Ambiente na súa etapa como alcaldesa da localidade no descontrol dos vertidos “ano tras ano ata xullo do ano pasado, cando apareceron mortas 10.000 troitas”.

Polémicas ficticias

Criticou o fracaso na loita contra a contaminación das rías “mentres se dedican a montar polémicas ficticias para enganar ao sector a conta do artigo 18 da Lei de Cambio Climático, que o único que fai é remitir ás leis de Patrimonio e de Costas de 2013, aprobadas polo PP”.

O responsable socialista sinala que o desleixo do goberno galego está a provocar que España teña que enfrontarse a un novo procedemento de infracción da UE polo deficiente saneamento no eixo Pontevedra – Marín – Poio – Bueu, que se suman aos 37 millóns de euros que leva pagados todo o Estado en multas.

Explicou que o goberno central está ultimando un Plan Nacional de Saneamento e Depuración que deberá ser asumido conxuntamente polas comunidades autónomas, os concellos e a administración central para superar a herdanza da falla de xestión de Rajoy e a “nefasta xestión do goberno galego” na loita contra a contaminación.

Lembrou que “a responsabilidade fundamental” é do goberno galego, que conta coas competencias de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e reclamou que “leven o liderado, asuman as súas responsabilidades e deixen de botar balóns fora como coa totalidade dos problemas de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18