Categorías: Actualidade

O PP veta unha proposta socialista para estudar un novo sistema de deposito de residuos

A portavoz de Medio ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, presentou esta mañá na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios, unha proposición non de Lei para a realización dun estudo sobre un novo sistema de deposito, devolución e retorno de envases que foi rexeitada polo PP. A deputada criticou o cambio de postura dun goberno galego que fai 20 días mostrábase favorable a facelo, “igual Vox fíxolles cambiar de opinión” ironizou.

A representante socialista recordou a resposta dun goberno galego que “era favorable a súa realización sempre que o permitise a legalidade vixente” requisito que se cumpre pois “outras CCAA coma Cataluña ou Valencia o están a utilizar”, a nivel local “xa hai un establecemento en Santiago que o aplica” e incluso “o Goberno do Estado vén de anunciar que prevé estudar a súa posta en marcha no ano 2019”

A parlamentaria socialista defendeu así un sistema que busca fomentar a reutilización dos residuos mediante a aplicación dun canon de entre 10 e 25 céntimos aos envases mais habitualmente abandonados e dun so uso. Este canon sería devolto no caso de depositalo en máquinas que situaríanse en diferentes establecementos.

Patricia Vilán sostivo que este sistema tense aplicado “cun éxito en Alemaña dun 90 por cento” e “busca responder a unha reciclaxe de residuos que se está a dar a dúas velocidades” na que “Galicia non chega a un 20 por cento dos obxectivos por unha media do 29 por cento a nivel estatal e dun 45 por cento a nivel europeo”, aplicando tamén o principio de “quen contamina paga”.

Ademais este sistema é útil para tratar envases de plástico e vidro, sendo un sistema complementario da reciclaxe. No caso do vidro é especialmente útil pois, segundo din as empresas, tense que trasladar a Portugal para o seu tratamento pois non se pode tratar en Galicia, xerando así grandes cantidades de CO2.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57